As fotos da preparación da Pascua aínda non estaban no blogue do cadrados e xa temos un novo proxecto de plantas, flores (e ramos).
Antes de nos ir de Pascua preparamos os adornos para o cole e para a casa, podédesnos ver mans á obra neste slide:
Preparando a Pascua dos Cadrados on PhotoPeach
Os encargados dos traballos semanais foron
PAULA, ANTÓN, LUIZ e MIRIAM
que posan aquí con cara de vacacións á vista:
Tampouco engana a cara de felicidade de MARTA, a axudante o día da foto:
Xa de volta das Vacacións houbo novidades: novos grupos, novos cartéis de nome e novo proxectos, aínda que non nos esquecemos dos que aínda estamos a facer:
¡¡¡ teremos que invadir leiras veciñas para dalo plantado todo !!!
Os encargados de tan florida semana e primeiros dos novos grupos foron
MARTA, BRAIS, ANTÓN e DANI
E a Axudante no día da foto foi NEREA, que posou tan profesionalmente como sempre...
Antes de rematar dous documentos excepcionais destes últimos días:
Cheeky Monkey quixo colaborar connosco no proxecto ANDY WARHOL e tróuxonos para nolo amosar un CD deseñado por Andy para os "Velvet Underground" que mercou na súa viaxe a New York no museo MOMA.
Outro documento gráfico excepcional é unha foto "wharholeada" de NEREA e a súa mamá que fixeron durante as vacacións e que lles quedou superguai.
No blogue PINTUREIRO teredes en breve unha aplicación para colorear a vosa foto como se fósedes Andy e tamén para facer o voso retrato no xeito doutros pintores.
¡¡Animádevos a compartila connosco!!
Silvia e cadradiñ@s, estou a mirar o voso blogue sen lle dicir nada a Cheeky para que el leve unha boa "surprise" no cole o luns. Noraboa polo taballo, encántanme as fotos de Nerea e a súa nai.O do horto é unha idea xenial. Se se nos dan ben as leitugas podemos facer algunha "delicious salad" en plan picnic. "A tender hug for everybody" e "see you on monday".
ResponderEliminarVos queremos, COVA e familia MONKEY.Grazas polo voso comentario e pola peli. E tamén es guapa...Os cadrados
ResponderEliminarQue hortaza ides ter na escola, dende logo xa que coñecedes tan ben as sementes e as prantas ata vou a aprender eu e todo,ja,ja...
ResponderEliminarO da foto de Nerea é una chulada, xa mirarei de facelo, grazas!!!
Pero vaia horta!!! E qué divertidas as fotos ao estilo Warhol!!! Noraboa á profe e aos nenos e nenas, que traballades todos moi ben!!!Muá!
ResponderEliminarA ver se deixa de chover e podedes poñervos a plantar!!!Ummmm cantas verduras deliciosas e flores preciosas!!!Encántanos o voso blog.Unha aperta moi forte para todos os cadradiños.
ResponderEliminarGrazas, Faia e Teixo!! Esperamos impacientes mirando cara o ceo. A ver se podemos na vindeira semana. Pero non pensedes que non nos divertimos nesta. Seguro que xa sabedes que o pasamos moi ben e moi rico, non sí, Teixiño? Bicos a todos!!
Eliminar