Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDA. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de decembro de 2014

Vivir na Coruña que bonito é...visitamos a cidade da Torre de Hécules

O pasado 19 de Novembro fomos de visita á Coruña e o que vimos foi 
ES-PEC-TA-CU-LAR. 
Pasámolo xenial e vimos unha morea de cousas das que escoitaramos falar pero algúns de nós non coñeciamos en "directo".

Baixamos do bus abraiados, nos esperaban esculturas familiares...Breogán, Carlos III, a mesmísima Torre de Hércules...
SUUUUPER!!!


                          Con Carlos III
 Na Rosa dosVentos 



A Ara Solis no fondo
Na Guitarra homenaxe a Picasso


Tiñamos que comprobar se viamos todo o que nos poñía na nosa folla de visita guiada, houbo que prestar moita atención...
Pero o conseguimos!!
Aínda nos quedaba por facer unha visita moi artística...Cara ao MUSEO de BELAS ARTES.
Se queres ver o que alí fixemos podes velo máis polo miúdo premendo na imaxe.

luns, 11 de novembro de 2013

SAMAÍN TEN SAÍDA

No Samaín e no Magosto moito traballo temos, pero neste caso con recompensas moi, moi saborosas. Nos nosos cazoliños de castañas as recollimos, vede, vede...




    Preparamos nas casas con moita ilusión as cabazas que expuxemos na entrada do cole xunto cos compañeiros dos círculos e triángulos... 



   Aquí nos podedes ver lucindo con orgullo o noso                                   traballo:



     A que quedáchedes impresionados con tanta creatividade?

   Pois para celebrar o día do Magosto-Samaín- Halloween, todo nun, fumos de visita Á Senra, a ver unha contacontos fabulosa. Así de contentos saímos, aínda que algúns sairon tan movidos coa emoción que non nos servíu a foto para publicar:


Chegamos ao teatro con moita emoción e o espectáculo non defraudou , pois foi ¡¡SUPERDIVERTIDO!!!


e, inda por enriba, tivemos un actorazo noso no esceario...

Para seguir coa troula baixamos ata o CPI Cruz do Sar onde sempre somos moi, pero que moi ben recibidos... recíbennos DE MEDO.




Para repoñer forzas tras tanto susto saímos a gozar do bo tempo do Magosto xantando nos cazolos as nosas saborosas castañas feitas por uns castañeiros  de sona, iso sí, coa axuda das cociñas do cole.


Xa no cole rematamos a xornada moi, moi creativos.

¡¡Quedáronnos DE MEDO!!