luns, 11 de novembro de 2013

SAMAÍN TEN SAÍDA

No Samaín e no Magosto moito traballo temos, pero neste caso con recompensas moi, moi saborosas. Nos nosos cazoliños de castañas as recollimos, vede, vede...




    Preparamos nas casas con moita ilusión as cabazas que expuxemos na entrada do cole xunto cos compañeiros dos círculos e triángulos... 



   Aquí nos podedes ver lucindo con orgullo o noso                                   traballo:



     A que quedáchedes impresionados con tanta creatividade?

   Pois para celebrar o día do Magosto-Samaín- Halloween, todo nun, fumos de visita Á Senra, a ver unha contacontos fabulosa. Así de contentos saímos, aínda que algúns sairon tan movidos coa emoción que non nos servíu a foto para publicar:


Chegamos ao teatro con moita emoción e o espectáculo non defraudou , pois foi ¡¡SUPERDIVERTIDO!!!


e, inda por enriba, tivemos un actorazo noso no esceario...

Para seguir coa troula baixamos ata o CPI Cruz do Sar onde sempre somos moi, pero que moi ben recibidos... recíbennos DE MEDO.




Para repoñer forzas tras tanto susto saímos a gozar do bo tempo do Magosto xantando nos cazolos as nosas saborosas castañas feitas por uns castañeiros  de sona, iso sí, coa axuda das cociñas do cole.


Xa no cole rematamos a xornada moi, moi creativos.

¡¡Quedáronnos DE MEDO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario