luns, 14 de outubro de 2013

OUTONO CO MILLO

Entramos con forza no OUTONO,e tamén con moitísima ilusión. 
Estreamos os manteis que fixemos tras o conto de pequeno azul e pequeno amarelo. Leva papel celofán de cores e cando os achegamos os uns aos outros facemos mesturas moi chulas:



Quedaron moi, moi ben!! E encántanos usalos.



Coa chegada do OUTONO fixemos follas para adornar a clase e a nosa árbore. 
Contamos contos e contamos números tamén: estreamos caderno de mate e xogamos cos números. Estamos a practicar a canción que atopamos na Internet. Non a perdades...


Como non todos os lembramos, estamos a repasar os primeiros números e este vídeo axudounos moito. 
Aquí o deixamos por se o queredes ver na casa.


Podedes seguir xogando cos números no lateral esquerdo do blogue de TICs do CRA. Tedes unha sección só para as Matemáticas...

Pero non só de "ciencias" foi a semana. Estivemos xogando coas letras e aprendendo unha que non tiñamos ningún no principio do noso nome:
 a letra U

Dun animal:

E cun persoaxe: O rei U

Preme enriba de imaxe e farás o crebacabezas do rei U
Este personaxe ten moitos traxes, algúns son moi divertidos, pero todos soan U :
Queres coñecer un pouquiño máis sobre este rey? Este é o seu conto:


E esta a canción:


Mais a sorpresa máis divertida déunola a profe ALBA, que estivo connosco outra vez. Foi unha sorpresa superchula que nos permitíu achegarnos á nosa contorna máis cercana. E é que nos trouxo a aprender cousas do MILLO!!! 
Queres ver o vídeo? 
Nel sale tooodo o que fixemos ( ou cáseque todo).



Moitas grazas, Alba, que nos traes sempre cousas guais.

Antes de irnos, un último momento de interiorización de todo o que fixemos na semana: o momento da relaxación trala clase de Educación Física. Vede canto nos relaxamos tralos esforzos da semana,


Sssh!!Que estamos a serenarnos e o silencio é fundamental...
Vémonos na siguiente entrada!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario