luns, 7 de outubro de 2013

OUTONO BONITO

Que xa estamos adaptados ao Cole o sabe calquera. Chegou o Outono e atopounos en plena actividade escolar.


Quérelo ver? Pois mira, mira...


 Viches cantas cousas interesantes fixemos?
Pois agora chas imos contar algunhas máis polo miúdo:
Estivemos aprendendo as cores do Outono...





 Fixemos xogos de Outono na aula e no EDI que sacamos do Blogue de TICs do CRA
Xogos como este:


Do Outono atopamos os primeiros froitos no chan dos camiños: As landras dos Carballos.
Con elas xogamos e traballamos:



Mellor o vedes nesta imaxes deslizantes, non si?

As landras do Carballo. Experiencias coas Árbores e amigos na Aula dos Cadrados from AuladosCadrados


E escoitamos o conto de Xaime e as Landras, que agora é un dos nosos favoritos. Tamén o vimos na PDI, na canle de TICs do CRA. Por se queredes velo na casa, velaí vai...



Grazas a el tamén coñecimos algo máis duns animais que traballan moito no Outono
Os Esquíos!!


Tamén démoslle a benvida de novo a CRISTOVO á nosa aula. E o certo era que xa o botabamos de menos. Estabamos desexando comenzar o empréstamo de libros para a casa.



 Tamén estivemos coa profe María na clase de Música e como proba este gorriño. Na vindeira entrada do SON do CRA ao mellor escoitades a canción!!



Antes de rematar a entrada presentamosvos un pequeno gran conto que non queriamos esquecer. Un conto que nos producíu moita diversión e hemos recordar moito tempo:
Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, de Leo Lionni.
Da editorial Kalandraka
Queres escoitalo?


Tamén o podes ler.


Nós estamos moi orgullosos dos traballiño que con él fixemos...
 Podedelo ver neste vídeo tan curtiño:



Non podiamos esquecer un acontecemento tan importante para os Cadradiños como o 
CUMPLE de ESTELA:



Pero para ver mais imaxes aínda haberá que agardar un pouquiño, xa que estamos a preparar unha entrada
"ESPECIAL ANIVERSARIOS"
(Pronto nos vosos ordenadores.)
Biquiños de Outono e ata a próxima!!!

1 comentario:

  1. Cadradiños, para empezar o novo curso e estrear o outono, a verdade é que non está nada mal, non parades de traballar e aprender cousiñas novas, xenial, moitos bicos!!!!!

    ResponderEliminar