¡¡Benvid@s ao novo curso 2013-2014!
De boas a primeiras rematou o verán.
Empezamos o Cole taaan maiores que nos apeteceu amosárvolo a todos vós.
Novos e apaixoantes libros agardaban por nós na biblioteca...
Lembramos as nosas vacacións e algunhas cousas do verán que nos gustaron moito.
Axudonos nesta misión o cangrexo
"Don Cangrejito".
Podedes ver aquí o conto, premendo na imaxe: é curtiño e fálanos de valores que non deberiamos esquecer...
Ollade que fermosísimo quedou o que fixemos coas nosas mans:
E as areas de cores que pintamos entre todos na pantalla dixital interactiva quedaron tan feitiñas que as puxemos de fondo de escritorio do noso odenador.
Se premes na imaxe de abaixo entrarás na páxina...
Traballamos e xogamos cos demáis, compartindo experiencias e materiais.
Xa botabamos de menos os xoguetes da aula...
e @s nos@s compañeir@s.
Xa botabamos de menos os xoguetes da aula...
e @s nos@s compañeir@s.
Tamén comezamos coas cancións do curso.
As aprendemos con moito interese e así poder cantalas en público. Para iso empregamos a nosa propia televisión de reciclaxe:
E despois de tanto esforzo que tal se repoñemos forzas??
Xa vedes que nestes primeiros días fixemos moitas cousas. A verdade é que xa estabamos desexando sair ao patio do recreo para correr e xogar cos amigos...
Xa de volta na aula estivemos coa profe Cova.
Con ela lembramos a unha antiga amiga: Incy Wincy Spider, unha araña moi traballadora. Podedes escoitar a canción e o vídeo no blogue de CRA in ENGLISH...
A profe Alba, que estará uns días connosco na Escola de Guísamo, fixo una spider moi especial para xogar na aula.
¡¡MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!!
Ola chicos!!!!!!! pero que guapos e que maiores todos!! Teño moitas ganas de veros, a ver que me contades. Agora estou sempre na escola de Carrio , pero cando teña un ratiño paso por ahí a darvos un achuchón...
ResponderEliminarBicos!
Bufff, pero cántas cousiñas en tan pouco tempo que levades de inicio do cole, moitos bicos e ánimos, cadradriños!!!!
ResponderEliminar