mércores, 20 de novembro de 2013

RECICLANDO QUE É XERUNDIO...

Coa profe ALBA fixemos seguimos adiante coa experiencia da reciclaxe. Fixemos cousas tan chulas que parece mentira que sexan feitas con material de refugallo.

 O primeiro un pouquiño de papel para aproveitar a prensa, papeis e revistas que nos sobran na casa.
Compartindo experiencias c@s outr@s compañeir@s da Escola de Guísamo ...

Troceamos moitísimos papeis que remollamos na auga. Agora teremos que "pescalos" para batelos e facer unha pasta:



  Logo de meter os papeis na batidora precisamos escurrila masa que se crea. Nos usamos unha peneira superchula que trouxo a profe ALBA feita polo avó SUSO para esta ocasión:

Logo estivemos vendo a unidade de traballo e xogo que fixo coa PDI para nós. 


Quedámonos todos engaiolados coa canción de reducir, reutilizar e reciclar dos moniños. 



Ainda que este RAP das tres erres non este nada, nada mal...



O caso é que á profe ALBA, que sempre está a argallar cousas para nós, ocurríuselle facer algo coas botellas de vidro

Algo máis que metelas no seu contenedor, claro :
UCRISTALÓFONO 
Todos colaboramos para enchelas.






¡¡Compuxemos a nosa propia MÚSICA con elas!!

¡¡Pasámolo xenial!!Ésta é unha idea moi divertida e tamén podemos facela na nosa pizarra. ¿O vemos? Preme na imaxe de abaixo e busca no apartado de facer música con botellas, ou outro que tí queras...

¡¡Grazas, profe ALBA!!
Agora todos sabemos un pouquiño máis sobre a reciclaxe. E imos reducir, reutilizar e reciclar moitísimo máis.


1 comentario:

  1. Gracias a vos!!! Que ben o pasamos! Bótasevos de menos! A ver se vos podo facer unha visitiña pronto. Moitos bicos cadradiños.

    ResponderEliminar