domingo, 19 de febreiro de 2012

TEMPO DE ENTROIDO

Xa está aquí o Entroido e con él as fotos e vídeos das últimas semanas


Pero como todo o bo, levounos moitos días de preparación. 
E aínda que moitos caímos enfermos de diversos virus, tivemos tempo de preparar a festa.


Antes de empezar co Entroido recuperamos as cousas que fixemos para a Paz.
Neste slide poderedes apreciar cánto traballiño fixemos entre todos os da Escola de Guísamo.





Dende a Biblioteca tamén nos trouxeron moita Paz. As apertas son o mellor e diso sabe moito a profe Isabel.
¿ O vemos ?





Este tempo de Paz ha durar moito.
Case sen nos dar conta chegou o Entroido, preparamos caraoutas da mascota Pepa e tiaras de faraóns:







Tamén tivemos tempo para o Amor, celebramos o San Valentín grazas a unha deliciosa torta que nos trouxo Jairo. Riquíiiisima!!!




A que tamén sabe do larpeiros que somos os Cadrados é a avoa de Carla.
 Aproveitando que se achegaba a nos contar cousas sobre o Entroido que ela vivíu na súa infancia nos trouxo unhas rosquillas, uhmmm, de rechupete!!!


¡¡MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!


Preparamos a Cantiga do Entroido coa profe María, podedes ver o vídeo da nosa actuación no blogue do SondoCra. ( No volo perdades )
E, xa case sen nos dar conta, chegou o día da Festa. ¡¡Tan guap@s que viñeron tod@s!! 
Así de divertida foi na aula dos Cadrados...



Agora ¿ vos apetece ver o baile da festa? 
Pois velaí vai. 
Vede qué ritmo teñen @s nos@ peques...




¡¡Bo Entroido!!

1 comentario:

  1. QUe ben o pasamos, verdade??? foron os verdadeiros protas e así o amosan, bicos!!!!
    Noraboa a tod@s e gracias a avóa de Carla pola súa aportación!!!!

    ResponderEliminar