Estupenda visita tivemos esta semana:
As voluntarias e voluntarios👧👦 de Protección Civil de Bergondo viñeron ata a nosa escola a amosarnos cousa interesantísimas sobre seguridade, Tráfico e Primeros Auxilios.
Faláronos da importancia do número 112, o número de EMERXENCIAS, dende onde nos mandan a axuda que precisemos cando temos unha situación grave, ou mesmo nos perdemos.
¿Queredes vela?
Foi moi divertido e mesmo fixemos a nosa cos nosos bonecos, xa case que sabemos reanimar, ollade ben...
Esta é a maniobra axeitada
Trala teoría pasamos a ver a sorpresa que nos esperaba no exterior:
O CAMIÓN de BOMBEIROS
Nel levan materiais para todo tipo de emerxencias
Moi atentos estivemos...tanto que nos vestiron co traxe reglamentario, casco incluído.Tamen falamos polo camión e fixemos sonar a serea e as alarmas
Por último¡¡¡puidemos entrenar coa mangueira para poder apagar incendios!!! Foi XENIAL
Moitísimas Grazas @s voluntari@s de Protección Civil de Bergondo pola visita, pola información, polo cariño con que nos trataron e, como non, polos diplomas e agasallos😁
E por se queredes aprender algunha cousiña máis sobre seguridade, tedes esta app da CRUZ VERMELLA, onde hai vídeos tan chulos coma estes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario