venres, 19 de maio de 2017

O HORTO AROMÁTICO. Plantamos con ASPADISOL

Neste trimestre queremos probar algunha das actividades que os nosos antepasados CASTREXOS desenvolvían. Así que decidimos plantar herbas aromáticas para cociñar, preparar tisanas, fabricar afeites e dar bo arrecendo nos nosos castros, agora casas...
Aprendemos a recoñecer algunhas antes de plantar e a coñecer algo máis da contorna dalgúns castros...

Grazas á colaboración inestimable de ASPADISOL o horto aromático de Guísamo acaba de nacer...

 Como sempre que colaboran connosco estamos encantadas e encantados cos seus resultados e o esforzo e boa vontade coa que sempre veñen a coidar da nosa contorna de xogos.
Ollade que chulo quedou...
Nos na aula estamos a traballar e aprender moito con esta plantación: investigamos, observamos, comparamos, anotamos e aprendemos novas letras e palabras...






Non nos olvidamos de seguir de preto ás nosas plantas. Procuramos revisalas para observar a súa adaptación. Eso e para estar en contacto coa natureza no noso patio, claro!! O pasamos estupendo!!
 Queremos darlle as grazas dende aquí aos chicos de ASPADISOL, ao seu Monitor e a Mª José Ferreiro, directora, que nos agasallaron non somentes co seu traballo e tempo, senón cunhas fermosísimas plantas.
Biquiños dos Cadradiños!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario