luns, 20 de abril de 2020

🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕

Menuda marabilla de semana foi a pasada. Estamos EMOCIONAD@S con ben que vos saíron os experimentos todos. Cousa bonita de ver!!!

Como recompensa a tanto esforzo queda este crebacabezas. Serás quen de facelo? É bastante difícil, pero confiamos totalmente en ti...podes poñer a "pantasma" a primeira vez para que che dea pistas.




Deixovos as fotos dos experimentos que enviáchedes, e os enlaces onde van estar colocadas. 
Unha marabilla de científic@s, est@s cadradiñ@s!!


Vede, vede, que aínda hai máis
  Temos aquí outra estupenda contribución


Tamén temos NOVIDADES do experimento do ovo saltón. Se queres velos preme aquí



Por último, unha achega con mooooitos extras:


O que vedes, ten ata MESA de LUZ. E así queda de marabilla. 
Pero, quiet@s, quiet@s, que aínda hai máis..
.

E unha proposta do máis "ECOFRIENDLY"


 Estamos desexando ver os resultados!!!
Moitisimas grazas ós que ides compartindo. Da gusto ver o guai que estades. 😍😍😍


Nesta semana temos o Día Internacional do Libro e para celebralo vos fago unha SUPERPROPOSTA IRRECHAZABLE 😉🤣 Podedesnos mandar un pequeno vídeo co voso conto favorito e por que vos gusta. Ou que se preferides contades que é o que máis vos gusta desa historia.
 Así poderemos convertir esta semana nunha 🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕 Os podemos xuntar todos e facer a película dos "CONTOS FAVORITOS D@S CADRADIÑ@S", vos apetece? Eu xa estou preparando o meu. Espero ver pronto as vosas achegas.🙌👀

Non esquezades pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO para ver as propostas de hoxe: a letra E, xogos , bailes, cancións...


Bicos e sentidiño!! 🌈💖

Ningún comentario:

Publicar un comentario