Amosando publicacións coa etiqueta ABRIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ABRIL. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2020

🌈🎨🖌A incrible PINTURA QUE MEDRA🖌🎨🌈MÉRCORES DA CIENCIA 9

Como xa é mércores, non nos esquecemos de facer un experimento novo, e xa levamos 9 seguidos!!!
Nesta volta imos intentar un dunha pintura que "medra". 
O primeiro, coma sempre, buscar e colocar os ingredientes. Seguro que os tes todos na cociña...



Pouca cousa, verdade? Pois lembrade que ademáis precisamos uns vasiños, bolsiñas plásticas ou botes pequenos para mesturar as cores e un papel ou cartón que COLLA NO MICROONDAS!!!
O proceso que vai ter lugar é unha FERMENTACIÓN.
Ai, menudo palabro, pero iso que é?
 FERMENTACIÓN  é unha reacción química, un proceso químico no que as moléculas se descompoñen noutras máis sinxelas. Para facer iso no noso experimento nos imos utilizar LÉVEDO ou fermento.

Pois sabido isto, as mans á masa, que o proceso e moi sinxelo:



Sabes contar ata trinta 3️⃣0️⃣? Pois claro que sí, asi que podes contalos ao ritmo que 
 marca o microondas.
👀 Ollo, que se pos moita masa igual precisas ata 45 segundos 4️⃣5️⃣⏱⏳
Tamen podes meter as pinturas mesturadas en bolsas plásticas como o fai o cativo do blogue



Queres ver como queda? Pos bota un olliño a estas imaxes. 
OS RESULTADOS SON FABULOSOS!!



Ánimo, que estamos agardando  ver as túas obras de arte!!!
Sabes que para non esquecer o que fixeches podes completar esta folla de rexistro en calquera das súas versións ou na túa propia...e poñendo detrás o nome dos que o fixestes e o que che resultou máis salientable.




Se che queda ratiño aínda podes  crear a túa obra de arte nun verdadeiro museo:🎨🖌🌈
 A TATE GALLERY de Londres ( Sí,claro, de onde ven Monkey)
Podes xogar dende o ordenador, o móbil ou a tablet. E suuuuperchula!!!


Mira atentamente esta obra de arte che lembra a alguén...😂😂

Se queres ver máis aplicacións de Museos, para xogar o para facer visitas virtuais non esquezas pasar polo blogue PINTUREIRO que tamén é noso. E a gozar do Arte!!


Iso sí, non esquezas pasar polo PADLET para recoller algunha suxestión mais. 
Ánimo e a pintar a vida de cores!!🎨🖌🌈





mércores, 22 de abril de 2020

🌈💧AUGA MÁXICA 💧🌈🎨🧪MÉRCORES DA CIENCIA 8🧪

Benvid@ a este novo Mércores da Ciencia. E xa van 8!! Incrible.
 Nesta ocasión imos propoñervos un experimento moi moi sinxelo pero que parece de Maxia. Ainda que, claro, é ciencia😉🧪 Chámase 🌈💧AUGA MÁXICA 💧🌈 e para facelo precisas:

Pouca cousa a que sí? 
Pois se queres ir facendo o crebacabezas mentres se carga o vídeo este é o lugar.



O primeiro é ver o que sucede👀👀, e se che gusta, podes aprender a facelo.
🔎🔎Pero este Cadradiño non era blanco? Que terá esta "auga máxica"?

Que cómo o fixemos? Moi sinxelo. 
Lembras a CAPILARIDADE ? Pois é cousa dela outra vez. Mira o vídeo.



A que era supersinxelo?
Anímate ti a facer un debuxo, ou moitíiismos. Proba diferentes rotus e distintos xeitos de colorear. E que tal se fas o debuxo do teu libro favorito e o metes na auga? Pode convertirse un vídeo chulísimo tamén.

Eso sí, para que non esquezas o que fixeches, toma nota aquí,  na ficha de rexistro:


Como sempre, se prefires debuxalo ti...



Lembra debuxar detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, vale? 
Se non podes imprimila, podes copiar algo parecido ou aínda mellor !!!
  
Queres capturar unhas pinguiñas de auga virtuais para o teu balde? Podes xogar un pouco con estes animais . Coa tablet ou o móbil desliza o dedo, co ordenador aprenderás a mañexar o rato .


Se aínda che queda tempo tes este xogo de taboeiro. Moi, moi chulo se podes imprimilo.


Aquí van as regras:


e se queres a aplicación  DE BALDE no móbil/tablet, este é o enlace:


XA TEMOS FOTOS DOS EXPERIMENTOS!!! 
Queredes ver o ben que quedaron?

Este o de Mario G
E así o fixo de ben...



E non vos ides crer quen fixo tamén o experimento!!! Síiiii, a profe Ada, que estivo connosco de prácticas o primeiro trimestre!!
E mirade cantos bicos nos manda!!!



Pasadeo moi ben e non vos olvidedes de revisar o PADLET NON PERDAS O RITMO.



luns, 20 de abril de 2020

🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕

Menuda marabilla de semana foi a pasada. Estamos EMOCIONAD@S con ben que vos saíron os experimentos todos. Cousa bonita de ver!!!

Como recompensa a tanto esforzo queda este crebacabezas. Serás quen de facelo? É bastante difícil, pero confiamos totalmente en ti...podes poñer a "pantasma" a primeira vez para que che dea pistas.




Deixovos as fotos dos experimentos que enviáchedes, e os enlaces onde van estar colocadas. 
Unha marabilla de científic@s, est@s cadradiñ@s!!


Vede, vede, que aínda hai máis
  Temos aquí outra estupenda contribución


Tamén temos NOVIDADES do experimento do ovo saltón. Se queres velos preme aquí



Por último, unha achega con mooooitos extras:


O que vedes, ten ata MESA de LUZ. E así queda de marabilla. 
Pero, quiet@s, quiet@s, que aínda hai máis..
.

E unha proposta do máis "ECOFRIENDLY"


 Estamos desexando ver os resultados!!!
Moitisimas grazas ós que ides compartindo. Da gusto ver o guai que estades. 😍😍😍


Nesta semana temos o Día Internacional do Libro e para celebralo vos fago unha SUPERPROPOSTA IRRECHAZABLE 😉🤣 Podedesnos mandar un pequeno vídeo co voso conto favorito e por que vos gusta. Ou que se preferides contades que é o que máis vos gusta desa historia.
 Así poderemos convertir esta semana nunha 🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕 Os podemos xuntar todos e facer a película dos "CONTOS FAVORITOS D@S CADRADIÑ@S", vos apetece? Eu xa estou preparando o meu. Espero ver pronto as vosas achegas.🙌👀

Non esquezades pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO para ver as propostas de hoxe: a letra E, xogos , bailes, cancións...


Bicos e sentidiño!! 🌈💖

xoves, 16 de abril de 2020

🔶🟦🟡🔻MENUDAS FIGURAS!!🟢🟨🔺🔷

 Benvid@ á festa de repaso das figuras xeométricas. Sí, figuras coma o CADRADO.
 Este xoves estamos a falar de familias, diferencias e parecidos.
 Comezamos:
Xa sabes que a meirande parte das actividades están enlazadas no PADLET, pero aquí imos enlazar o conto favorito d@s Cadradiñ@s:
POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA...
Podedes lelo en liña premedo na imaxe

Preme, preme
Pero vos recomendo velo nesta versión contada por cativ@s. Tamén esta no PADLET, por si acaso.

Que marabilla, non sí? 
Pois claro que non hai que cambiar a Cadradiño: temos que cambiar a porta. E para que non esquezas o conto podes facer aquí ou nunha folla parecida o debuxo :


Na casa podedes crear os vosos propios círculos e cadradiños recortados con cartón, papel, goma eva ou o que teñades a man. Sería xenial poder grabalo e mandarllo ós avós, ou quitarlle fotos e compartilas connosco.O caso é que non esquezamos as cousas importantes que nos aprende o conto. 
Botadelle un ollo a estes exemplos para sacar ideas:
Preme na imaxe e che levará a moitos recursos para este conto.
Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO para ver máis cousas e xogos que  



mércores, 15 de abril de 2020

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 7 A AUGA QUE CAMIÑA

Por fin chega o día dun novo experimento!!! E xa van 7!!!
Éste é moi sinxelo pero supercolorido. Baséase nun fenómeno que se chama CAPILARIDADE, menudo nome máis curioso, verdade??  Olla o que precisas para facelo.

Pouca cousa, verdade? Agora vexamos que é a famosa 
CAPILARIDADE
A capilaridade é unha propiedade dos líquidos que fai que, debido á súa forza intermolecularsuban ou baixen por un tubo capilar. Un exemplo é o das plantas, que chuchan a agua dende o terreo mediante capilaridade. Neste experimento, a agua está coloreada para que se poda ver a súa traxectoria e os tubos capilares son os ocos que teñen dentro os papeis de cociña.


Experimento con agua El agua que camina
Preme para ver a explicación paso a paso


Agora que xa sabemos todo o que precisamos, déixovos  uns vídeos de como se fai. Antes unha cousa super importante: NON empecedes o experimento ata que teñades todo os papéis dobrados!! Conselliño de Cadrad@s 😉😉



A versión curta é ista...


Apúntate á que máis che guste e ADIANTE!!Manda fotos e vídeos par que os podamos compartir, pero sobre todo DISFRUTA de facelo.  

Se queres lembrar o que fixeches aqui tes a ficha para recoller a información. Xa sabes, diante os ingredientes e cómo quedou. Detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, eh? Se non podes imprimila, podes copiar algo parecido o mellor aínda!!!

Por se o queres debuxar tí todo...

Esas mesturas de cores alégrannos a vida!! A que sí? Pois se queredes podedes practicar coas mesturas que preparei neste xogo. A ver se lembras que cores precisas para crear un novo...




NON TIRES A AUGA DE CORES!!!
Aínda podedes facer máis cousas se non tirarades a auga das mesturas de cores. Collede unhas flores blancas: margaridas, crisantemos, claveisou calas e probade a tinguilas. 
Hai que esperar e ver se temos sorte!! 
E aquí vos deixo o enlace a 3 vídeos de Cadradiñ@s que tiveron  exitazo co seus experimentos: 
 Pica na foto e che levará a entrada correspondente. Están colocadas ao final...


Tamén hai novidades ao final da lapela
preme aquí para velo.

Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.


mércores, 1 de abril de 2020

💧🌈🌞O OVO SALTÓN 💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6

E casi cousa incrible cómo cambia o tempo dun día para outro.
E que así é PRIMAVERA, un pouco toleirona. Sobre todo cando cando comeza o mes de
Abril.

preme na imaxe se queres xogar

Por cal letra comeza este mes? Síii, claro que a lembras, pero para que non a esquezas imos aproveitar para engadir recursos no PADLET que nos repasen esa letra. 
Ademáis:
Temos duas novas aportación de experimentos por Mario G .
Podedes velas nas entradas premendo nas fotos:




A novodade deste mércores é que engadimos un novo experimento. Hoxe é...

MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚

Experimento 6

é un experimento de moita paciencia. Temos que esperar 48 horas, que son DOUS DÍAS, para que funcion.
Falta pouco para a Semana Santa ou Semana de Pascua e aquí adoitamos regalar óvos de chocolate o Domingo. Pero aínda estamos en tempo. Non é este domingo senon o que ven. Así que este experimento vai de ovos e de paciencia, por que imos facer un


OVO SALTÓN 
Son moi pouquiños ingredientes:




Olla este vídeo para ver qué necesitas.



Estes dous científic@s cho explican máis polo miúdo:


Non esquezades poñer un tarriño de boca ancha, xa vedes o que lles pasúo, por pouco non lles sae o ovo!!!
Anímaste a facelo?
O venres xa estaría listo e poderías compartir os resultados connosco.
Mentras tanto aquí vai a ficha para recoller a información. Xa sabes, diante os ingredientes e detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, eh?

 Se te animas a debuxalo tí todo, usa este modelo...

Prepárate que o venres tes que facer outra co resultado!!

Aqui tedes os primeiros científicos: Mario meteu un ovo de"kika" ou galiña nova e outro de galiña máis grande e que ten dúas xemas!!! Ollade que superxigante é...Agora veñen as preguntas:
Cómo botarán? Chegaralle o tempo ó ovo grande a realiar todo o proceso químico ou precisará de máis tempo? Pronto o saberemos. Ai, que nervos!!!🤗🧪
E tras uns días mirade que XIGANTE quedou: ES-PEC-TA-CU-LAR





Tres novas aportacións a este experimento, por rigurosa orde de chegada 😉😉


   


Máis cieníficas traballando...💖🤗🧪

💖🤗🧪

E aquí tedes a ultimísima, encantada co seu experimento Quedoulle guai!!!💖🤗🧪


Mil biquiños!!
 Sodes un/has científic@s marabillosos!!

🌈🔬💖⚗🧡🧪


Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.
 Hoxe escollémolo VERDE, a cor dos xermolos das novas plantas, a que xa o sabías?