Amosando publicacións coa etiqueta MUSEOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MUSEOS. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

🌊⛵🎵 ONDIÑAS VEEEÑEN🎵⛵🌊


Xa estamos na última semana de cole na casa e seguro que estás desexando achegarte de novo ata a praia e xogar coas ondas, certo? Aquí en Galicia temos unha canción propia superfamosísima no mundo enteiro. A coñeces?


Esta versión está cantada por @s propi@s Cadradiñ@s de xa vai uns anos. Xa verás que ven o fan. 


Para aprendela mellor deixoche esta lámina. Píntalle as cores do mar e do ceo. A podes ler tí mesm@ axudad@ polo debuxos. Así a próxima vez que vaias ata a praia poderás cantarlle ás ondas.


Aquí che queda unha mostra para poder copiala, aínda que podes coloreala tí ó teu xeito. 
Seguro que queda total!!

Queres axudar á moza a chegar ata a barca? Seguro que podes resolver este labirinto sen axuda.

Agora si che queda ordenar as partes da canción e cantala. Xa o tes dominado!!

E que as ondas do mar son do máis divertido. As pequeniñas, claro. 
Propóñote que botes unha ollada a este conto para preparara esa nova visita á praia que xa nos está a tardar.

CONTO: A ONDA
Autora: Suzy Lee
Editorial: Bárbara Fiore Editora
ISBN: 8-84-936185-4-4
40 páginas
Encuadernación: cartoné
Formato: 170 x 300 mm
A partir de 3 años


  Crias que desta volta non ias ter crebacabezas? Por suposto que si que o hai. Fai este correndo, non te vaias mollar...





Agora xa estás preparad@ para desfrutar do conto. Non o temos en papel pero sí que o podes ver neste vídeo. 



CHulíiisimo e un pouco mollado, a que sí? Pois  esta é a páxina web da autora SUZY LEE


Se queres saber máis cousas sobre as ondas e a arte non perdas visitar un dos antigos blogues do CRA: Pintureiro. Nel verás unha visita fabulosa ó MUSEO DE BELAS ARTES da CORUÑA e os cuadros de mar que alí teñen. Sorprenderate, verás...


Imos repasr un pouquiño como che saen as ondas. Son moi importantes para as tarefas que veñen despois. Repasa con punta no punto esta lámina que preparamos de grafomotricidade:



Para facer a túa obra de arte de ondas, digna dun Museo imos coller a idea do blogue BUGGY AND BUDDY. Ainda que mellor a traducimos ó galego, que está en inglés.
Precisas unha FOLLA moi grosa ou CARTOLINA (mellor) e CERA BRANCA.
art for kids using oil pastels and watercolor
Debuxa nela unhas ondas como as que practicaches enriba. Que non as ves ben? Non pasa nada, agora a as vas a facer seir á superficie. Colle ACUARELAS de varios tons de azul. Se non tes varios, podes poñer algo de verde ou amarelo para mesturar. Non tes acuarelas? Pois tenta mesturar auga e colorante alimentario. 

ocean art for kids using liquid watercolor
 Colorea toda a folla con coidado de pintar dende unha esquena ata outra. Ondiñas veñen ou ondiñas van, pero sempre cara o mesmo lado. Non se vaia marear 😉
E xa se ve o mar, verdade? 
OLLO, este é o momento máis importate. CANDO AÍNDA ESTÉA MOLLADA A FOLLA bota uns beliquiños de SAL pola folla. Agarda a que seque e verás que debuxo máis máxico queda!!
watercolor and salt art for kids
 Mentras seca podes aproveitar para buscar e recortar eses animais que debuxaste ou facer outros. Os podes pegar nna folla ou xogar con eles por riba. Que che parece?

Ocean Art Project for Kids Using Oil Pastels, Watercolor, and Salt ~ BuggyandBuddy.com

Tamén estaría xenial que poideras facer a túa propia botella de ONDAS do mar:

Lembras do experimento de auga e aceite que fixeramos  no MÉRCORES DA CIENCIA 3 ? Pois é moi semellante, pero sen facer remuíños. Enche a botella de plástico con un pouquiño máis da metade de auga e colorante alimentario azul. Coloca animais mariños de plástico, pedriñas, area, cunchas... e engade aceite corporal  ou glicerina sen encher de todo a botella. O curso que ven a imos facer en clase SEGURO!! É preciosísima. A ver cómo che queda a túa!!😉🐟🌊

Aquí daranche outras receitas que tamén valen. Só tes que premer nas fotos.


Pero se che apetece facelo un pouquiño máis seco, sempre podes facer esta manulidade de ondas. É chulíiisima.


Para velo con calma preme no poster de abaixo.

de KROKOTAK http://krokotak.com/2018/05/wavy-sea/

E esta tampouco está mal, verdade?

Non esquezas pasar cantando polo PADLET.
da 401 ata a 407

mércores, 29 de abril de 2020

🌈🎨🖌A incrible PINTURA QUE MEDRA🖌🎨🌈MÉRCORES DA CIENCIA 9

Como xa é mércores, non nos esquecemos de facer un experimento novo, e xa levamos 9 seguidos!!!
Nesta volta imos intentar un dunha pintura que "medra". 
O primeiro, coma sempre, buscar e colocar os ingredientes. Seguro que os tes todos na cociña...



Pouca cousa, verdade? Pois lembrade que ademáis precisamos uns vasiños, bolsiñas plásticas ou botes pequenos para mesturar as cores e un papel ou cartón que COLLA NO MICROONDAS!!!
O proceso que vai ter lugar é unha FERMENTACIÓN.
Ai, menudo palabro, pero iso que é?
A  FERMENTACIÓN  é unha reacción química, un proceso químico no que as moléculas se descompoñen noutras máis sinxelas. Para facer iso no noso experimento nos imos utilizar LÉVEDO ou fermento.

Pois sabido isto, as mans á masa, que o proceso e moi sinxelo:



Sabes contar ata trinta 3️⃣0️⃣? Pois claro que sí, asi que podes contalos ao ritmo que 
 marca o microondas.
👀 Ollo, que se pos moita masa igual precisas ata 45 segundos 4️⃣5️⃣⏱⏳
Tamen podes meter as pinturas mesturadas en bolsas plásticas como o fai o cativo do blogue



Queres ver como queda? Pos bota un olliño a estas imaxes. 
OS RESULTADOS SON FABULOSOS!!



Ánimo, que estamos agardando  ver as túas obras de arte!!!
Sabes que para non esquecer o que fixeches podes completar esta folla de rexistro en calquera das súas versións ou na túa propia...e poñendo detrás o nome dos que o fixestes e o que che resultou máis salientable.




Se che queda ratiño aínda podes  crear a túa obra de arte nun verdadeiro museo:🎨🖌🌈
 A TATE GALLERY de Londres ( Sí,claro, de onde ven Monkey)
Podes xogar dende o ordenador, o móbil ou a tablet. E suuuuperchula!!!


Mira atentamente esta obra de arte che lembra a alguén...😂😂

Se queres ver máis aplicacións de Museos, para xogar o para facer visitas virtuais non esquezas pasar polo blogue PINTUREIRO que tamén é noso. E a gozar do Arte!!


Iso sí, non esquezas pasar polo PADLET para recoller algunha suxestión mais. 
Ánimo e a pintar a vida de cores!!🎨🖌🌈