martes, 21 de abril de 2020

📢 VIVAN AS MATEEEEE (Repasamos o E) 🧮🖍

Como vai todo? Temos tantas cousas entre mans que xa non se sabe que preguntar: as fabas, os experimentos, as táboas de seguimento e agora OS VíDEOS!!!. Menos mal que temos tempo para facelos. Esta semana empezar a repasar a letra E , aproveitando as MAT E , o  E NGLISH, a  E ducación Física...

Poucos Cadradiñ@s o temos o  E  no noso nome, vos acordades que xa o víramos coas tarxetas en clase?  Podes contar ti cantos son en total? 
 ANÍMASTE a facer o seu CR E BACAB E ZAS?



Hoxe vos deixo varias recomendacions: 

  • Visitar o blogue da Aula dos Círculos onde a profe Silvia Conchado vos achega a carta que enviou a profe de relixión, Marisol. Nela hai un enlace a un conto. 



  • Lembrar ese conto que xa contaramos na clase de De que cor é un bico? Desta volta volo trae e profe  E VA. Ela tamén querería un debuxo voso, asi que...puff canto traballiño!! Mans á obra.


  • Non esquezades pasar polo PADL E T NON PERDAS O RITMO para ver as propostas de hoxe: a letra   E  ,  E  nglish na Xungla, cancións e Mat EEEE máticas varias; figuras x  E  om  E  trica, xogos, fichas...


A disfrutar do día, que mañá toca experimento!!!😉🌈✨




Ningún comentario:

Publicar un comentario