luns, 27 de abril de 2020

✨🦋Benvidas BOLBORETAS🦋✨

Vai ser que neste luns toca esperar. Todo preparado para a peli d@s Cadrad@s, a entrada lista e...a plataforma de acolle os vídeos presenta un problema. Cambiamos de plans, entón. Non pasa nada que xa sabemos esperar, verdade? Mentres imos aproveitar para soltar unhas bolboretas no mundo para que nos dean cor e maxia. Adiante con elas!!


A meirande parte das fotos deste gif saqueinas da páxina de NATIONAL GEOGRAFIC, que é unha tolería o que ten de cousas de animais. Botádelle unha ollada e veredes...


A  canción do BLOGUE de música que subiu a profe María é das favoritas. Esa bolboretiña é total, se queredes visitala, premede aquí.


Quedan unhas fichas de bolboretas moi científicas. E que hoxe tamén é día de mate. De seguro que as fas xenial. Conta, conta...

Nesta teráas que axudar á bolboreta a atopar a saída. Vaia lío de labirinto!!



 Quedan no PADLET dous vídeos para facer bolboretas de papel moi distintas, mirade os resultados:



Que che parece se  utiliza materiais de refugallo para crealas?


 NON esquezas enviar fotos cos resultados se te animas a facelas.

N@s cadrad@s a que máis nos gusta e ista e ademáis podes cambiar e mesturar as cores canto queiras... Unha esponxa, unha goma do pelo, témpera e ....


 Deixovos con PADLET e paciencia, que mañá de seguro que estamos de estrea!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario