venres, 28 de outubro de 2011

OUTUBRO REMATA DE MEDO...

O mes de Outubro está rematando. 
Esta é a última semana e deu para moitas cousas.
Cambiamos diariamente o axudante, e o día da foto tocóulle a Hugo, que xa acusaba o cansanzo dos días na escola...


 E que despois de " nomear aos encargados" un queda canso...






A verdade é que os encargados aproveitaron que estabamos a calebrar o Samaín para meter un pouquiño de medo:


A nós non nos asustaron moito porque levabamos preparando o Samaín varios días...



 E máis cousas, como veredes:









 A abella Pepa trouxonos un panal para ver cómo e de ónde sale o mel que tomamos na casa. Estaba rico, rico...



Como remate de celebración de Samaín un conto chamado Samaín que nos contou  a profe Isa


E agora preparádevos para pasar moooito medo véndonos en acción cantando a canción do Halloween que nos aprendeu a profe Cova, á que lle adicamos esta canción para que mellore pronto.


 A reportaxe fotográfica que ven a continuación vaivos deixar sen palabras. Pasaredes moito medo e veredes as cabazas que Luiz, Carla, Dani e Alex nos trouxeron para "ambientar" o Samaín dos Cadrados:











¡¡¿¿ A que estamos de medo??!!
Pois se queredes seguir xogando con cousas de medo xa sabedes que podedes ir á páxina de TICs do CRA onde atoparedes cousas de OUTONO e do SAMAÍN.

¿Queredes ver o noso resumo de actividades do mes de Outubro? 
Pois, poñédevos cómodos que ahí vai...

1 comentario:

  1. Vaia festa que tedes na vosa clase! Así da gusto! Encántame TOOOOODO!

    ResponderEliminar