Hoxe á nosa visita por África acompañannos uns animais espectaculares.
Os coñeces?
Claro que sí, son XIRAFAS 🦒💛🦒!!
Proba a facer o crebacabezas a ver cantas saen.
Proba a facer o crebacabezas a ver cantas saen.
Neste vídeo aprenderás moitísimo sobre ela:
Permíteme que hoxe fagamos unha pequena "trampiña". Xa sabes que sempre traballamos en galego, pero a Xirafa é a mascota dunha das nosas Cadradiñas. De JULIA, claro. E por que? Porque a usamos na súa versión castelá: JIRAFA🦒. En galego non temos a letra J, asi que hoxe, en honor a Julia imos chamala JIRAFA🦒.. Bueno, tamén cambiamos o idioma e non chamamos a MONKEY mono🙊 . Ainda que e monísimo🐵💖 Queres escoitar como se di en cada un dos tres idiomas que usamos no CRA? Dalle á ficha!!

liveworksheets.com
Xa que estás coa orella posta , pois a escoitar unha canción da JIRAFA🦒.
Ese pescozo tan longo que ten a é o que a fan tan diferente ós demáis animais. A que non que non a confundes con ningun outro animal?? Pois o mesmo lle pasa á súa letra: a J de JIRAFA🦒.
Ten un pescozo longuísimo. Mira cantas versións diferentes podes atopar. Non esquezas colorealas e debuxar por detrás a túa propia versión da letra, a túa propia xirafa, a e a Julia, claro, que seguro que ha estar encantada. Se coñeces a alguén máis cuxo nome empece por J, adiante...tes moito espazo por encher.
Xa que estamos, que che parece se facemos un pouquiño máis de man e resolves esta ficha de sombras e imaxes. Podes facelo a man e debuxar detrás os animais, on line ou as dúas versións. Canto máis mellor che sairá!!

liveworksheets.com
Canto lío hai embaixo. Cal xirafa chegará ata a árbore? Segue o camiño sen perderte.
Quere facer a túa propia? Pois mira cantísimas ideas hai polo mundo!! Escolle unha, dúas ou todas...
![]() |
preme na imaxe |
Milleiros, a que si? Pois agora xa podes xogar un anaquiño con esta xirafa. Teslle que dar de comer as, pero ollo, que non e faga un lío co pescozo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario