venres, 15 de xuño de 2012

¿So cinco días?

¿ De certo que só quedan cinco días para que remate o curso?
 Pero se en cinco días non da tempo a nada. 





Iso pensarán algúns pero no Cadrados sabemos que cinco días 
¡¡¡¡dan para moito!!!!
E se non védeo por vos mesmos:

Nestes cinco días desta semana traballamos rematando os libros, cadernos e a nosa propia adaptación das obras de Luis Seoane. Agora temos na clase as "18 irmás" de Luisiño, segundo din @s nen@s...



Os membros de PROTECCIÓN CIVIL de BERGONDO viñeron ata a nosa escola para falaros da prevención de riscos varios. 
Foi superdivertido ver os vehículos en funcionamento e ata nos deixaron facer puntería coas mangueiras, probamos traxes, cascos...
Pero mellor é que vexades o vídeo para vos facer unha idea do ben que o pasamos e o que aprendimos del@s: 






¡¡Moitísimas grazas por todo!!


Andando a semana a profe Dolores, de AL, gravounos e montou uns contos superdivertidos creados por nós mesmos. Tedes aquí un avance, pero para velo completo deberedes ollar o blogue de AL




Como aos Cadrados nos encanta a Arte, traballamos un pouquiño con Pintureiro e unhas artistas moi especiais , PIP&POP, que expoñen cousas moi doces, e sobre todo divertidas.
Nas imaxes de abaixo atoparedes sorpresas e xente coñecida, a ver se adiviñades quen son.













Estamos con moitas cousas á vez, pero sempre temos un minuto para recibir a persoas queridas. Para @s cadrad@s, unha das máis importantes é a profe Asun, que non quixo perder a ocasión de achegarse ata onde nós e desexarnos unha boísima entrada na primaria.




¡Grazas por todo, Asun!


Unha entrada non pode quedar conclusa sen mencionar ós encargados e axudante da semana.
Nesta tan cargada de emocións e de remate de tarefas,  estiveron como encargados 
JORGE, THEO, LUIZ e ARIANNA aos que xa se lles nota a responsabilidade da graduación próxima, non sí?




Como axudante (emocionadísimo) no día da foto estivo DANI.



¡Ata a próxima ¿e última? entrada deste curso!

6 comentarios:

  1. Aiiiii cadradiños... que rápido pasou este curso, non si? Certo que cinco días dan para moito, non hai máis que vervos, moi proveitosa a semana. Os silvosiñ@s e a súa mestra queren desexarvos unha moi feliz entrada en Primaria, verémonos no Cruz do Sar!
    Unha aperta!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Igualmente, Silvosiños!!! Precisamente por estes lares estabamos pensando en vos. Lembrando eses recreos con té, urxencias maternais, e demáis anécdotas divertidísimas que nos deixan Ángela, Fátima, Benjy, Carmen, Ángel, Sara e Miki!!!
      Moitos biquiños. Vémonos en Primaria!!!

      Eliminar
  2. POlo amor de DEUS!!!! ...e pensar que fai pouco entrábades polo cole de Guísamo chorando e con tres aniños nada máis, aínda o recordo xunto coa profe Asun, que boa visita a súa desta semana, eh?
    Dende logo que ides moi preparadiños para o cole de maiores e coas capsulas do tempo aínda vos ides botar unhas risas cando pase o tempo, biquiños e ánimo para a derradeira semá....

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario, María. Ímoste botar moito de menos no cole de maiores!!!! Biquiños Cadradiños para sempre!!!

      Eliminar
  3. Xa queda pouquiño para que marchedes ao cole dos maiores. Aprendíchedes moitas cousas nestos tres anos e agora que sodes ben maiores tedes que empezar unha nova etapa. Tanto eu coma tódol@s profes do CRA botarémosvos moito de menos, pero de seguro que nos veremos moitas veces. ¡¡Unha aperta grandísima!!

    ResponderEliminar
  4. Estamos na "final countdown" e da moita pena. Sodes xa como da miña familia e despois de tres cursos xuntos con tantos momentos bos, como non botarvos de menos...Ata Cheeky Monkey chorará un pouquiño por moito que se faga o duro. Non nos olvidedes nin todos os bos consellos que tratamos de darvos. Kisses!!!

    ResponderEliminar