sábado, 6 de outubro de 2012

OUTUBRO PIMPILÁN...

Ainda que cáseque ningún sabemos choscar o ollo seguro que moitos Cadradiños han estar agora a practicar. E de quen é a culpa? Pois deste
 olliño pimpilín 
que nos chegou neste Outubro:


¿Que non vos sabedes a canción? 
Non pasa nada, aquí a temos feita e subida en vídeo por 
Para que a poidamos practicar tamén dende a casa.





Non vos perdades cómo aprendimos a canción coa PDI e o estupendos que nos saíron os XOGOS de colocar as partes da cara.



Como verdadeiro artistas fixemos os nosos autorretratos. 
E para ser a primeira vez quedaron ben xeitosiños. 
Ollade vos mesmos...


Esta semana estivemos bastante ocupados nos Cadrados. Xa temos unhas responsabilidades que cumprir, pero tamén sobra tempo para o lecer.  Vede cómo nos implicamos en tooodo o que facemos...





Cada vez somos máis quen de prestar atención durante máis tempo. 
Ollade coa profe EVA, que nos ven a axudar na aula o que ben atendemos...


Non faltou un traballo moi chulo cun novo amigo, 
é Beaky Boo. Un paxaro de conto  cun sombreiro que a todo nos encanta:


Con tanto traballo na Escola algúns precisan de se relaxar... pasoulle a HUGO, 



tamén a MANUEL,


e ata a MONKEY que escolleu a parte máis alta da clase para se poñer a durmir...


Quen estivo ben esperto na cita connosco foi CRISTOVO que nos entregou un agasallo personalizado. Na nosa bolsa da Biblioteca levamos un conto para lermos no fin de semana. E voltalo o luns. 
Cada semana un diferente, 
¡¡¡¿A que está xenial?!!!



Como é un pouco "bulebule" non se conformou cun conto, senon que tamén nos trouxo una actividade máis. 
O caso é que ainda non nos deu tempo de rematala, pero estamos en condicións de vos ofrecer a primeira parte...





¿A que está estupenda? 
Pois seguro que na vindeira entrada xa a poderedes ver rematada.
Ata entón!!!




3 comentarios:

  1. Noraboa "Little Squares"! todas @s profes estamos moi contentas convosco porque sodes moi boíñ@s e respetades o sono de Monkey. Kisses e ata mañá!

    ResponderEliminar
  2. Pero que aula tan bonita tedes! Así non nos extraña que traballedes tan ben.
    Unha aperta dende Silvoso!

    ResponderEliminar
  3. ¡¡Chic@s!! ¡¡Encántanme os vosos autorretratos!! Quedáronvos moi bonitos, pero é normal, porque os modelos son do máis guapiños/as. ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar