domingo, 21 de outubro de 2012

MASCOTAS POR UN TUBO

Se é que nos Cadrados temos mascotas por un tubo, de certo.
Vos amosamos en primeiro lugar aos nosos  Cristovos na súa versión tubo... 
CRISTOVOS


Quedáronnos a mar de chusquiños, ¿non si?



              Iso é o que pensa a nosa amiga Alba...




Xoaniñas

 Tamén nos veu visitar unha Xoaniña moi espelida coa que tooodos fixemos boas migas...




 ¡Monkey e mais ela fixéronse moi amigos!

CABAZAS
Cabazas enoooooormes foron as que coloreamos nestes días. Con pintura de dedos e cera branda. Quedáronnos moi xeitosas, non tedes máis que botarlles unha ollada.


Tamén as fixemos con plastilina. 
Aínda nos costa traballo facer unha bola redonda, pero ímolo conseguindo aos poucos.



Como xa se achega o SAMAÍN, que é tempo de cabazas lles pedimnos ás familias que colaboren connosco para facer unha exposición (común ás tres aulas) de CABAZAS arrepiantes na entrada da Escola.
Namentres Estela trouxo unhas 
 cabaciñas de chocolate 
para compartir, que tamén nos gusta moito. 
(O chocolate e compartir, ámbalas dúas)



MADLENKA

Tamén estivemos viaxando polo mundo xunto a MADLENKA cos blogues de TICs, Pintureiro e
 O Mundo Enteiro
Nesta ocasión chegamos ata París, FRANCIA.



LUNNIS
Cristovo voltou a nos visitar o venres dende A BIBLIOTECA do CRA e nos trouxo moito máis que un conto. Nesta ocasión poidemos falar do
Día Mundial do Lavado das Mans.
E nin máis nin menos que os Lunnis nos acompañaron nesta ocasión.
Vede qué guai foi a canción e o atentíiiiisimos que estabamos ...



Temos ata un vídeo demostrativo... cos Lunnis de fondo. Podedes ver a canción no Blogue da BIBLIOTECA do CRA


¡¡ Ata a próxima entrada !!

4 comentarios:

  1. Si que é certo que non paráchedes de facer cousas chulas. Monkey xa está desexando ver outa vez a Ladybird como chama el a Xoaniña. Bicos Little Squares!!!

    ResponderEliminar
  2. Xa volo dixen o outro día ¡quedáronvos preciosas as cabazas e mailos Cristovos! Estades a traballar moito e moi ben, cada día tod@s @s profes que pasamos pola vosa clase, vemos que xa sodes máis e máis maiores. ¡Unha aperta e ata o mércores!

    ResponderEliminar
  3. Esos Cristoviños gústanme moit...eu quero un!
    Pero moito traballades. MUA!!!

    ResponderEliminar
  4. Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!

    An Thái Sơn chia sẻ trẻ sơ sinh nằm nôi điện có tốt không hay võng điện có tốt không và giải đáp cục điện đưa võng giá bao nhiêu cũng như mua máy đưa võng ở tphcm địa chỉ ở đâu uy tín.

    ResponderEliminar