venres, 12 de outubro de 2012

AS FOLLAS do OUTONO nos Cadrados

 ¡¡Como nos gustou esta semana tan curtiña e variada!!

Xa vimos cómo caen as follas no Outono.





E enchen ata o patio de xogos dos pequenos da gardería. Éstes invitáronnos a desfrutar con eles do mural que lles fixeron as profes. 
¡¡Moitas Grazas a todos, ás profes e a Auri ,
e @s nen@s!!


Así que xa na nosa aula comenzamos o traballo de decorar unha folla xigante. 
Vede que ben o pasamos pintandoa coa técnica da estampación con esponxa...
Por equipos








Tamén vimos un conto novo que nos vai a axudar a preparar o noso proxecto anual que este ano non saberemos se nos vai quedar pequeno, jeje.
É o proxecto de 
¡¡O MUNDO!!

E o conto que nos vai axudar é o de MADLENKA
Se queredes saber máis cousas sobre él e o seu autor podedes ir ao blogue de TICS premendo na imaxe de abaixo:




Sempre queda un ratiño para disfrutar na aula dos Cadrados. 
Nesta ocasión a profe Eva axudounos nunha viaxe polo mundo do maxín. E así foi como nos disfrazamos coas roupas que dos nosos baules saíron...
¡Qué cousa máis divertida!...
Non vos perdades esta reportaxe gráfica.
(Podedes imprimir as fotos premendo na marxe superior esquerda da Calaméo.)

5 comentarios:

  1. Que me los como!!!!Me lo pasé bomba, ¿cuándo repetimos?

    ResponderEliminar
  2. Pero...que divertida esa clase dos cadradiños!! E canto imos aprender todos sobre o mundo, o conto de Madlenka é unha historia ben bonita, eh! Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  3. ¡Vaia folla xigante máis bonita! Xa teño ganas de ver o ben que vos quedou. ¿Enseñarédesma o mércores? ¡Unha aperta cadradiños!

    ResponderEliminar
  4. Esta mañá comprobei o bonita que vos quedou esa folla de cores otoñais, é una obra de arte, biquiños cadradiños!!!

    ResponderEliminar
  5. Encántame a folla xigante!! E os disfraces...chulísimos!!! Sodes a repanocha!! Bicos cadradiños!!

    ResponderEliminar