Na primeira semana completa na Aula dos CADRADOS pasaron moitísimas cousas:
Fixemos a nosa primeira fila ás nove xunto cos demáis amigos da Escola de Guísamo, e os máis de nós despedimos da familias con bastante alegría.
Preparamos a aula paraa visita de CRISTOVO, a mascota da Biblioteca do CRA .
A ver se a ves aparecer ...
Tivemos a primeira clase de ENGLISH coa profe COVA que nos aprendeu unha canción superchula . ¡¡Xa veredes qué ben o facemos!!!
Tamén tivemos PEL que é o Proxecto de Estimulación da Linguaxe coa profe DOLORES e cun novo amigo, o dragón Pepón.
Podedes ver máis cousas sobre él premendo na imaxe do dragón.
Co profe RICARDO conquistamos o patio interior na clase de Educación Física e nos divertimos moitíiisimo.
Tanto esforzo merece un descanso, e iso foi o que intentamos no patio de recreo. Pero, claro, emocionámonos e acabamos correndo aínda máis.
Vede qué pronto fixemos amigos nas outras aulas...
O primeiro CUMPLE do curso tamén foi esta primeira semana. A nosa amiga ESTELA pasou de dous a ¡¡¡TRES ANOS!!!
¡¡Vede que torta tan riquíiiiisima trouxo para convidar!!
Esta torta deixou pegada en moitos de nós.
E por último tivemos unha visita moi desexada, como xa vos contáramos: o polbo Cristovo, a mascota da biblioteca e gran amigo da profe ISA e de toda a xentiña do CRA.
Neste vídeo podedes ser espectadores de cómo os recibimos cos brazos abertos na nosa aula...
¡¡ATA a PRÓXIMA ENTRADA!!
Cantas cousas fixestes nunha semana!!! Biquiños dende a escola de Vixoi
ResponderEliminar¡¡¡MOITAS GRAZAS, amiguiños de VIXOI!!!
ResponderEliminarXa vimos que blogue tan chulo tedes. Estamos desexando facermos unha videoconferencia para ver cántas caras coñecidas da guarde atopamos.
Moitos Biquiños, Amiguiños!!
¡¡Traballáchedes moito!! Que gusto da ver o maiores que sodes xa e o ben que ides facendo moitas cousiñas. Unha aperta e ata a semán!!
ResponderEliminar