sábado, 22 de setembro de 2012

BENVIDOS CADRADIÑOS, rematou a adaptación...


Sen nos dar de conta rematóu o
 PERIODO DE ADAPTACIÓN 
dos novos Cadradiños.
Ollade qué caras máis graciosas tiñan no seu 
Primero Día de Escola:




Para que os podades observar máis polo miúdo posan para vos de un en un:


Tivemos caras moi divertidas e alegres, outras un pouco serias ou asustadas, pero agora que xa nos coñecemos ben seguro que a meirande parte han ser de emoción e diversión...ou eso agardamos!!


Se queredes ver cómo nos fumos coñecendo e as cousas que aconteceron nestes días tan especiais poñédevos comod@s e disfrutade deste vídeo:





Foron moitos oa mestres que se achegaron a nos dar a benvida ao CRA e a nosa nova escola. 
( Casi todos eles teñen un blogue enlazado ao noso. 
Se facedes clic no seu nome poderedes aceder a él.) 
Ricardo (EF), María (Música), Dolores (AL), Eva (Apoio), Isa (Biblioteca), Marisol ( Relixión), e Cova ( English)...Esta última tróuxonos as mascotas máis "monas" do CRA. 
¿Queredes velas?




Tamén tivemos ocasión de achegarnos ás novas tecnoloxías estreando a PANTALLA DIXITAL INTERACTIVA (PDI) chamada tamén ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO (EDI).
A primeira vez que a encendimos foi para usala de proxector xigante e ¡¡máxico!! nunha canción que fala de amizade.
 ¿Adiviñades cal?


Non perdades detalle das caras de ilusión e atención de todos cando viron aparecer aos seus persoaxes favoritos dentro da clase...esas caras sí que son máxicas...




Houbo tempo días despois para utilizar a PDI de xeito interactivo e por primeira vez creamos unha unidade dixital propia. Cada grupo pintou con rotulador e co seu propio dedo unha folla de equipo. 
¡Vede qué gran traballo!

Primeiro co dedo


Despois cos rotuladores da PDI






Gran entrada á Escola a dos novos Cadradiños, ogallá os vindeiros días lles resulten tan emocionantes e divertidos como ata o de agora...














¡¡¡Benvidos, CADRADIÑOS!!!


Estimadas Familias dos Cadrados:

 Non esquezades consultar de cando en vez os BLOGUES do CRA que están no lateral dereito da pantalla.  Actualízanse cada pouco e os usamos nas aulas cáseque a diario.

Cando teñades os correos listos avisádeme que así vos pode chegar a mensaxe de que hai contidos actualizados no blogue e así estaredes ao tanto ao momento.

¡¡Vémonos!!


4 comentarios:

  1. Ola cadradiños! Sodes todos moi guapos e guapas e tedes unha clase chulísima! Mandámosvos moitos bicos dende Carrio!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Chicos e chicas das Bolboretas¡¡Grazas polo comentario!!! Esas mañás que tedes en Carrio tamén che son ben apetecibles. E a vosa clase moooola moito.
      Grazas pola vosa Benvida ao CRA.
      Un biquiño, compañeir@s!!

      Eliminar
  2. Hello little squares! Como me gusta a vosa clase e que ben o pasamos Monkey e eu hoxe. xa temos ganas de volver e cantar xuntos outra cancionciña en inglés. Sodes uns artistas! Kisses.

    ResponderEliminar
  3. Ola cadradiños!! Da gusto ver o ben que vos adaptástedes á escola. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar