domingo, 13 de maio de 2012

¡¡ESTAMOS NAS NUBES!!

Comezamos a semana rematando a nosa 
para colaborar no día das Letras Galegas cos Coles de toda Galicia.
 E nos quedou así de chula:


Tan satisfeitos quedamos que non dubidamos es poñela como fondo de escritorio do ordenador da aula, e luce xeitosísimo na PDI.


Tamén rematamos as SPACESHIPS que xa están voando polas nosas casas e das que poderedes saber máis vendo o blogue de CRA in English.


Durante a semana as nubes seguiron connosco e o tempo estivo revolto varios días así que fixemos uns recitais espontáneos onde tod@s tiveron ocasión de participar:


Tamén nos deu tempo a facer un novo concurso de letras e debuxos entre grupos. A verdade que foi do máis divertido ...



 para tod@s


Depois dunha longa e axitada semana chegou ahora de Biblioteca.
Nesta ocasión entre os libros escollidos destacamos un ilustrado por 
O neno que robou a lúa.

Veredes como entre nubes rematamos tamén a semana.

3 comentarios:

  1. Traballastes un montón esta semán, espero que as vosas spaceships non provocaran ningún accidente doméstico. A Cheeky encantáronlle os vosos debuxos de monos. Kisses and see you on monday!

    ResponderEliminar
  2. ¡Pero que bonita vos quedou a nube de palabras! E tivestes unha idea fenomenal ao poñela coma fondo de pantalla. ¡¡Unha aperta cadradiños!!

    ResponderEliminar
  3. Encántame esa nube! Noraboa cadradiños, sodes moi traballadores!

    ResponderEliminar