sábado, 6 de outubro de 2012

OUTUBRO PIMPILÁN...

Ainda que cáseque ningún sabemos choscar o ollo seguro que moitos Cadradiños han estar agora a practicar. E de quen é a culpa? Pois deste
 olliño pimpilín 
que nos chegou neste Outubro:


¿Que non vos sabedes a canción? 
Non pasa nada, aquí a temos feita e subida en vídeo por 
Para que a poidamos practicar tamén dende a casa.





Non vos perdades cómo aprendimos a canción coa PDI e o estupendos que nos saíron os XOGOS de colocar as partes da cara.



Como verdadeiro artistas fixemos os nosos autorretratos. 
E para ser a primeira vez quedaron ben xeitosiños. 
Ollade vos mesmos...


Esta semana estivemos bastante ocupados nos Cadrados. Xa temos unhas responsabilidades que cumprir, pero tamén sobra tempo para o lecer.  Vede cómo nos implicamos en tooodo o que facemos...





Cada vez somos máis quen de prestar atención durante máis tempo. 
Ollade coa profe EVA, que nos ven a axudar na aula o que ben atendemos...


Non faltou un traballo moi chulo cun novo amigo, 
é Beaky Boo. Un paxaro de conto  cun sombreiro que a todo nos encanta:


Con tanto traballo na Escola algúns precisan de se relaxar... pasoulle a HUGO, 



tamén a MANUEL,


e ata a MONKEY que escolleu a parte máis alta da clase para se poñer a durmir...


Quen estivo ben esperto na cita connosco foi CRISTOVO que nos entregou un agasallo personalizado. Na nosa bolsa da Biblioteca levamos un conto para lermos no fin de semana. E voltalo o luns. 
Cada semana un diferente, 
¡¡¡¿A que está xenial?!!!



Como é un pouco "bulebule" non se conformou cun conto, senon que tamén nos trouxo una actividade máis. 
O caso é que ainda non nos deu tempo de rematala, pero estamos en condicións de vos ofrecer a primeira parte...





¿A que está estupenda? 
Pois seguro que na vindeira entrada xa a poderedes ver rematada.
Ata entón!!!




domingo, 30 de setembro de 2012

A PRIMEIRA SEMANA estivo ben COMPLETA

Na primeira semana completa na Aula dos CADRADOS pasaron moitísimas cousas:
Fixemos a nosa primeira fila ás nove xunto cos demáis amigos da Escola de Guísamo, e os máis de nós despedimos da familias con bastante alegría.


Preparamos a aula paraa visita de CRISTOVO, a mascota da Biblioteca do CRA
A ver se a ves aparecer ...


Tivemos a primeira clase de ENGLISH coa profe COVA que nos aprendeu unha canción superchula . ¡¡Xa veredes qué ben o facemos!!!






Tamén tivemos PEL que é o Proxecto de Estimulación da Linguaxe coa profe DOLORES e cun novo amigo, o dragón Pepón
Podedes ver máis cousas sobre él premendo na imaxe do dragón.



Co profe RICARDO conquistamos o patio interior na clase de Educación Física e nos divertimos moitíiisimo.



Tanto esforzo merece un descanso, e iso foi o que intentamos no patio de recreo. Pero, claro, emocionámonos e acabamos correndo aínda máis.
Vede qué pronto fixemos amigos nas outras aulas...





O primeiro CUMPLE do curso tamén foi esta primeira semana. A nosa amiga ESTELA pasou de dous a ¡¡¡TRES ANOS!!! 
¡¡Vede que torta tan riquíiiiisima trouxo para convidar!!





Esta torta deixou pegada en moitos de nós.


E por último tivemos unha visita moi desexada, como xa vos contáramos: o polbo Cristovo, a mascota da biblioteca e gran amigo da profe ISA e de toda a xentiña do CRA.
Neste vídeo podedes ser espectadores de cómo os recibimos cos brazos abertos na nosa aula...




¡¡ATA a PRÓXIMA ENTRADA!!