Tanto traballiño da resultados, claro que sí.
Por iso esta semana recollemos este premio ao noso blogue:

E tamén un que xa levamos para casa.
Un
premio moi especial polo traballo realizado cos nosos marcapáxinas para o concurso das letras galegas, recollido das mans da nosa alcaldesa Alejandra, e da nosa mascota Cristovo:
Non todo ía a ser festa así que pasamos unha mañá caseque enteira plantando a nosa horta.
As plantas, sementes e terra as trouxeron os propios nenos e nenas das aulas, e de saíres todo, teremos unha horta espectacular, vede, vede…
Os encargados desta semana, e dos tres días da anterior, foron
NEREA, JULIA, ALBA e ANTÓN.
e a AXUDANTE o día da foto foi CARLA, que xa posa como unha profesional dos medios.
Por último lembramos o conto co que pechamos a semana e que nos trouxo a profe ISA dende a BIBLIOTECA do CRA:
Moncho e a Mancha de KIKO da Silva
e que os nenos do C.E.I.P Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra), rapearon. Vede qué chulísimo lles quedou!!!