venres, 13 de marzo de 2020

NON PERDAMOS O RITMO!!!

  Aínda que non se pode ir ao cole, sempre se pode aprender dende calquer lugar e en calquer momento.
 Todos os días de cole imos engadir unhas pinguiñas de coñecemento a este novo PADLET, para non esquecer a ilusión de aprender.
Anímaste a seguir o noso ritmo?

Se queres amplialo busca este cadrado coa frecha na parte dereita superior  do PADLET





Made with Padlet

  Lembra mirar no BLOGUE DE ENGLISH, que tamén ten cousas novas!!

sábado, 7 de marzo de 2020

💧🌈🌀REMUIÑOS DE AUGA!! 🌀🌈💧Mércores da Ciencia 3º Experimento

Nesta ocasión o experimento falou de densidades e remuiños. Pasámolo estupendamente xerando hipóteses acerca do que acontecería mesturando dous líquidos diferentes. Mesturaránse? Separaránse? Cal subirá? E é que a ciencia da para moito pensar!!

Pero imos amodiño explicando a experiencia. Estes son os ingredientes, todos eles sinxeliños de atopar ...


Nos pensabamos que os dous líquidos NON se ían mesturar e ACERTAMOS, pero a segunda hipótese foi que a auga ía ser máis lixeira e flotaría enriba do Aceite. Descubrimos que non era así en canto lle bortamos auga ao aceite e vimos que este flotaba!!

E agora comeza a mestura con colorante alimentario.


Forma unha especie de boliñas e logo se mergulla na auga. Non flota. Preciosoooo!!


Cando a pastilla efervescente entra en acción... Unha revolución de burbullas e cores estoupa nos noso vasos!!!!


Resultou fabuloso!!

 

Se queredes ver o proceso enteiro, podedelo apreciar neste vimeo:


 Antes de nos ir podedes disfrutar do vídeo que vimos tras rematar o experimento e que levaron no QR de información... 
É moi chulo e se pode facer na casa.
Animádevos!



Vémonos na próxima entrada!!