domingo, 18 de outubro de 2015

MOITO CONTO NOS CADRADOS

Sí, é certo, nos Cadrados hai moito conto!!
Un dos nosos favorito é iste, a ver se adiviñades o título...
Clica na imaxe para facer o crebacabezas


Podémosvos dar aínda máis pistas; lede esta noticia:



  Si. É o PEQUENO AZUL e PEQUENO AMARELO

do grande escritor LEO LIONNI .
 LEO  foi un pintor, ilustrador e escritor italiano, preme na súa foto ou no nome... e saberás máis sobre él.
Ten uns contos tan chulos, que imos ter que lelos e falarvos deles axiña.
Pero mentras tanto, por que non lemos o conto? Se o coñeces, de seguro que che apetece, e se non o coñeces non o podes perder!!!

Se queres escoitalo e velo en acción olla o vídeo tan feitiño que fixeron estes cativos de a AULA de CINE 


Nós, aquí en Guísamo, o fixemos ao noso xeito e gozamos da maxia das cores e da amizade cos nosos pequenos amarelos e azúis



E despois foi un no parar de máis mesturas e cores...

Tamén probamos a mesturar as cores con pintura de dedos, como non podía ser doutro xeito. Iso sí, para facelo utilizamos unha técnica redondiña, redondiña...a dos tapóns de corcho.





Se queres ver cómo ao aprendeu DOKi olla este minivídeo:



Non queres probar tí cómo se fai?
 Podes tentalo agora mesmo. 
Aquí podes elexir tres xogos moi chulos. 
Preme enriba deles para xogar...
Sorte e a pasalo ben!!





Vémonos axiña, Cadradiñ@!!
Xa levamos a dirección da entrada e todo para voltar directamente cando queiramos!! 
E cun pequeno azul e un amarelo para podermos xogar e contalo na casa!!



Contamos contigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario