Aló imos os CADRADOS, cara un novo curso plagado de aventuras, mergullándonos en novas viaxes e aprendizaxes...
Coa axuda de CRISTOVO, a mascota da Biblioteca, e dos demáis blogues do CRA embarcarémonos na viaxe polo MAR ENTEIRO que nos ha levar a sitios fabulosos.
O que foi de viaxe polo verán e se acordou dos CADRADIÑOS todos foi DANI, que nos enviou unha preciosísima postal da cidade dos seus avós, Trenčín ( pronúnciase TRENCHIN, se premes o escoitarás). Trenčín está en ESLOVAQUIA.
Que ónde está ESLOVAQUIA, pois preme neste mapa de Europa:
Que ónde está ESLOVAQUIA, pois preme neste mapa de Europa:
Ollade que sitio máis precioso é Trenčín, ten un Castelo impresionante!!
Se vos queredes dar unha voltiña virtual por Trenčín só tedes que premer aquí na imaxe...
Se vos queredes dar unha voltiña virtual por Trenčín só tedes que premer aquí na imaxe...
Qué chulo se ve todo!!
Moitísimas grazas por acordarte de nós, DANI!!
Moitísimas grazas por acordarte de nós, DANI!!
mais antes de partir na nosa viaxe polos mares, botémoslle unha ollada aos tripulantes deste curso, que son os máis estupendos que se poden atopar...
O que medraron nestes meses, verdade?
Arrancou Setembro con moitas cousas que contar e compartir, e un novo compañeiro...
¡¡BENVIDO, MARTÍN!!
Como xa somos xentiña maior preparamos un pequeno conto para os nosos compañeiros da clase dos Circuliños: o conto da
BRUXA MON
que é chulo, chulo...aínda que a ela non lle faga moita gracia.
BRUXA MON
que é chulo, chulo...aínda que a ela non lle faga moita gracia.
Logo o lembramos nunha ficha.
Das primeiras do curso, qué importante!!
Tanto traballo merece un descanso, así que aproveitamos o tempo do recreo para poder xogar c@s amig@s.
Coñeces o dito "Quien fue a Sevilla perdió su silla?
Pois IRENE non só non a perdeu senon que atopou dúas cousas superchulas na súa viaxe que quixo compartir connosco :
Unhas frores de algodón brotadas que nos encantaron e que eran suuupersuaves...
E unhas OLIVAS todavía con follas da súa árbore: o OLIVO.
Os OLIVOS son moi comúns nesas terras...
¡¡GRAZAS, IRENE!!
Non podemos esquecer unha das novidades tecnolóxicas máis importantes do curso, ollade que precisión, que eficacia...
Que non sabedes o que é?
Pois claro que sí, unha MÁQUINA de SUMAR
Olla o ben que funciona... Nolo explicou a profe GIULIANNA, que nos acompaña e axuda moitísimo neste primeiro trimestre:
Non quererás practicar unha sumiñas así, na rede? Pois anímate, que despois de usar a nosa máquina vas facelo MAXISTRAL!!Eso si, comeza polo nivel 1, non sexas apresurado.
Non só de mates vive o home, así que creamos un novo libro de "lectura" onde poñer as palabras que somos quen de ler e ordear; Chámase "Leo, leo" e así de chulo quedou...
Máis non todo ha ser traballo e esforzo metal, aquí tamén desenvolvemos a nosa parte creativa. E que mellor que deixar voar a imaxinación cun bo difraz?
Mirade qué tan guapíiiisim@s quedamos os que nos quixemos disfrazar:
Como os Cadrados somos moi "peliculeiros", ata non patio xurde a creatividade. Aqui
podes observar como algúns de nós estamos pendientes da rodaxe dunha película de acción que, mágoa, quedou sen rematar...
Agora que xa vos contamos un pouco das cousas que facemos é tempo de prepararnos para o espectáculo da nosa próxima viaxe. Aquí nos vedes construíndo un novo mundo, máis ou menos...
Xa veredes o ben que nos queda...
Vémonos...
Pero canto traballan estes nenos e nenas, e a profe, claro! Que maiores e que guapos todos! Agardo facervos unha visita moi prontiño. Moitos biquiños para todos/as!
ResponderEliminarPero que ilusión nos fai a túa visita, profe Alba; a virtual e sobre todo a persoal que nos vas facer. Agardámoste, ven sempre que queiras!!!! Un biquiño enooooorme de tod@s @s cadradiñ@s!!!Muakssss
Eliminar