Nesta semana vivimos o acontecemento máis importante, ou case, do curso.
A exposición da nosa obra de arte na galería especial do
CPI Cruz do Sar,
onde imos estar o vindeiro ano .
CPI Cruz do Sar,
onde imos estar o vindeiro ano .
Aqui nos vedes a todos "warholeados" e feitos unha sopa nos botes de "Bergondo soup" da nosa propia marca: Guísamo.
Compartimos sala de exposición co resto de Escolas do CRA e cos artistas do CPI.
Compartimos sala de exposición co resto de Escolas do CRA e cos artistas do CPI.
Estamos desexando compartir convosco a visita ao noso centro de referencia, onde, como sempre,
¡¡¡ tratáronnos fenomenalmente ben !!!
Sentade e desfrutade deste vídeo que é un pouquiño longo pero moi revelador...
Se queredes ver máis vídeos e fotos sobre a saída tedes entradas máis curtiñas e moi chulas nos blogues de AL, Son do CRA e Biblioteca. Pero de seguro que ao longo da semana irán aparecendo máis.
No blogue da Biblioteca tamén está o vídeo do conto que nos contou Loli, que leva a Biblioteca do Cruz do Sar.
Nesta semana de emocións e prisas, os encargados dos equipos foron os seguintes:
HUGO, JAIRO, DANI e CARLA.
E, de novo no día da foto lle tocou como Axudante a JULIA.
Antes de rematar non queremos esquecer o conto que sobre un artista galego xenial nos contou a profe Isa: Luis Seoane.
na vindeira semana tentaremos facer unha obra caseque igual cunha súa.
Estamos convencidos de que nos ha quedar estupenda.
na vindeira semana tentaremos facer unha obra caseque igual cunha súa.
Estamos convencidos de que nos ha quedar estupenda.







