venres, 14 de outubro de 2011

¡ Unha semana moi activa !

Cantas cousas pasaron esta semana. 
Comezamos por vos presentar aos 
encargados semanais.
Veredes qué emocionados posan para as cámaras




 Amosamos o noso calendario de quendas para encargados. Xa sabemos a quen lle toca a vindeira semana ¿ E vós, o adiviñádes ?


Tivemos un Taller de Matemáticas moi especial coa profe Eva . Xogamos e fixemos series cos tapóns que traemos á escola para reciclar. 










Na clase de Música coa profe María xogamos cos ritmos e cos tempos. Pasámolo estupendo. Botade unha ollada...



Fáltanos o momento lector coa profe Isa. Ahí a vedes contando un conto dos que nos trouxo da Biblioteca do CRA. Era moi, moi chulo...








Por último, vede cómo ordeamos a roupa sin nos confundir nos noso percheiro.
Ten truquiño, sí, pero vainos moi ben...




E para disfrutar da semana en movemento, ahí vai unha montaxe dinámica. 



Ata pronto!!

venres, 7 de outubro de 2011

ESTRENANDO NOVOS "CARGOS"


Esta semana estrenamos novos "cargos":
Temos moitas responsabilidades novas.
Os encargados das mesas dos azúis, verdes, vermellos  e amarelos posan para a foto de grupo.
Os unen a responsabilidade de repartir, recoller e destribuir material, libros e traballos...


Todos quedamos moi satisfeitos coa súa labor,
 porque o fixeron MOI BEN


¡¡¡PARABÉNS, CHIC@S!!!