xoves, 23 de maio de 2013

PRIMAVERA A ESTREAR

Para recibir á PRIMAVERA
celebrar o día mundial das árbores
o día do Libro... nos Cadrados fixemos moitas actividades.
Aquí vos deixamos a mostra dalgunhas delas...


Ambientando a aula, plantando árbores, facendo puntos de libro...todos son bos xeitos de lle desexar a benvida á nova estación.




Que tal uns xoguiños de Primavera antes de marchar?


Este que ven agora é unha cousa fabulosa. Olla o que fai cos nosos amigos...


 Mesmo podes saír tí mesm@, proba, proba...


Aquí quédanche moitos máis que atopamos no blogue de TICs do CRA.:

martes, 26 de marzo de 2013

VAITES, VAITES, ENTROIDO NOS CADRADOS

Cunha festa rachada pasou o Entroido polos Cadrados.
Sen dúbida , para nós fomos @s máis guap@s do mundo, pero xulgade vós mesmos:  

Botamos de menos a Alejandra que estaba maliña, pero no vindeiro Entroido de seguro vai estar connosco para celebralo.
Traballamos arreo para poñernos no ambiente de festa e disfraces...
Decoramos a clase, e tamén fixemos:
As nosas caraoutas de "deseño":

Chapeos piratas como os de Cristovo, a mascota da Biblioteca...

As nosas mellores galas e o máis divertido para cada un de nós: 
amigos, música, xantar e bailes.
¿Que máis lle podemos pedir ás festas?

Momentos superdivertidos e especiais nos Cadrados e en Guísamo enteiro. 
Vede, vede este vídeo, que ben o pasamos:


E como sempre, agradecer ás familias a colaboración con todas as comidas (chourizos incluídos), lambetadas e doces típicos que trouxeron. Damos fé do tan ricos que estaban.
¡¡¡E é que os Cadradiños somos moi larpeiro@s, pero tamén agradecidos!!!