Mágoa que xa remate a semana de África. Aínda temos tanto que aprender...
Alí viven unha chea de animais están desexando coñecervos. Aquí viñeron algúns deles para darnos a Benvida e a despedida á vez!! Coñécelos todos?
Tenta facer este crebacabezas para empezar a entrenar o caletre 😉💕
Mira que contentos están que che veñen animar con esta canción. Titúlase "HAKUNA MATATA", pero non é a que xa coñeces, verás:
Se queres saber máis destse animais podes premer o vídeo de abaixo. Verás como coñeces unha chea deles!!
Unha cousa que ás veces sorprende e ver que nese continente tamén teñen animais como os que temos aquí, como por exemplo galiñas e galos. E cómo canta alí o galo? Pois decindo KOKOLEKKO!!! como nesta canción, da que fixen un vídeo vai tempo. Queres escoitala?
Pero que letra e esa pola que comeza KOKOLEOKO e está ata tres veces nesa palabra?
En galego non existe, é unha letra de lonxe, e se chama K. Na nosa clase ninguén a leva. Usámola en palabra que non propias do galego como aquela que tanta gracia vos facía cando falabamos dos POLOS. Aquelo que comían as baleas, lembrádesvos? Era o...
KRILL !!!
Pero tamén a atopamos en cousas tan variadas como o

KIWI |
Caramba, que se escriben igual!! Sí. Pero MOITO OLLO;o animal chamado KIWI non é de África, está aquí de visita, coma nós. E vaise quedar escoitando estas aventuras da letra K
Que cousas lle pasan ó K, verdade? E que, bueno, os animais silvestres deben estar no seu hábitat, non atrapados. Menos mal que esa balea é de conto, se non de seguro que preferiría estar libre polos mares e mergullarse a case un quilómetro de profundidade. E comerse tres toneladas de KRILL ó día.
Aquí tedes de novo ó Mono Sílabo que vos ven cantar cousas de K. Queres escoitalo?
Agora que xa sabes tanto sobre o K. Que che parece facer unha ficha para lembralo? Mira, mira cantísimos tipos de K podes atopar. Debuxa tí dous o tres na parte traseira da ficha. E como na nosa clase non hai ninguén con K, por que non investigas se coñeces a alguén que sí a teña? Eu sí coñezo!! Houbo un Cadradiño tamén superlisto e bo debuxante que tiña a letra K no nome .Outra pista é que empezaba por I. Aínda che dou outra más, hai un amigo na clase dos Círculos que ten o mesmo nome. A pensar!!!
Non esquezas debuxar algun das palabras que xa vimos nas fotos ou na canción que levan K.
Non esquezas debuxar algun das palabras que xa vimos nas fotos ou na canción que levan K.
Vouvos presentar un león cuxo nome comeza por K, é o famoso KANDINGA. Kandinga é o protagonista dun conto popular africano que da un pouco de medo, pero é moi chulo. Serás valente dabondo para escoitalo enteiro? Seguro!!
Boa peza este Kandinga, verdade? Así non se coidan @s amig@s!! E nós, coas ganas que temos de vel@s nestes momentos, imos ser FABULOS@S con el@s cando poidamos estar xunt@s.
Falando de amig@s, nesta ficha colóuse un amigo que non é Africano, poderías atopalo ?
Falando de amig@s, nesta ficha colóuse un amigo que non é Africano, poderías atopalo ?
O intruso na selva, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Que tal a fixeches? Ou prefires facela "analóxicamente" ? Agarda que cha poño aquí para que a descargues:
Tenta debuxar por detrás unha morea de Kiwis, de Kiwis e de Krill. Cantos? Pois dous animais Kiwis, tres máis dos Kiwis de comer e catro máis de Krill. Cantos serán todos??
Xa é hora de rematar a entrada e por se queres lembrar algo de África que vimos outros días, aquí quedan os enlaces.

Déixovos unha canción para rematar esta visita por un continente tan chulísimo. SEGURÍSIMO que tooood@s vos@s familias a coñecen e vos poden contar cousas superinteresantes dela. De seguro lembran casi cada detalle, iso sí que vai ser unha batalla. Por que esto é ÁFRICA:
Ningún comentario:
Publicar un comentario