mércores, 27 de maio de 2020

🌈✨🧪INVASIÓN de BURBULLAS🧪✨🌈Mércores da ciencia 13

Aproveitando o que xa vai bo tempo e que a semana pasada falabamos  de
 BURBULLAS IRROMPIBLES!! 
imos continuar coas nosas experiencias con Coa tensión superficial e as moleculas. Agora que xa sabemos facer burbullas máis resistentes aumentando a "forza" das súas paredes, que vos parece se facemos unha nas que case, case caibades vós dentro?
 Isto vai ser unha INVASIÓN de BURBULLAS XIGANTES

Empezamos polo primeiro. Un crebacabezas para entrenar a mente 😉 




Hai moitas "receitas" ou fórmulas neste caso. Algunhas levan azucre ou siropes e queda todo moi pegañento. Noutras usan cervexa... Así que nós eleximos esta con estes INGREDIENTES tan normaliños:


Sinxeliña a cousa, verdade. As cantidades aproximadas para a FÓRMULA MÁXICA son:


  • 12 tazas de AUGA
  • 1 taza de  LAVALOUZAS,
  • 1 taza de ALMIDÓN DE MILLO (Maizena).  
  • 2 culleriñasde GLICERINA,
  • 2 culleriñas de LÉVEDO 

O procedimento é moi sinxelo:


1. Nun recipiente, desolve o almidón ou fécula de millo na agua e remexe ben. 


2. Añade o resto dos ingredientes e mestura suavemente. 



3. Deixa reposar durante una hora remexendo a modiño de cando en vez para que a fécula non afunda.






Xa tes lista a FÓRMULA MÁXICA DE BURBULLAS!!
Lembra non facer moita escuma ó remexer. Canta máis espuma haxa, manos burbullas che sairán despois...

Podes ver polo miudo o procedemento neste enlace:
burbujas gigantes caseras
https://www.bioguia.com/entretenimiento/como-hacer-burbujas-gigantes-en-casa_29288058.html
Pero se preferes ver nun en vídeo cómo se fai, aquí cho amosan. E incluso cómo facer un "POMPERO" de pompas xigantes.


E que claro, precisaremos  "POMPEIROS"  axeitados para semellante tamaño de burbullas. Queres ver máis posibilidades? Neste vídeo temos un feito reutilizando unha botella de plástico. Interesante, non? e tamén a versión só con corda e porquetas.


 Mira cantas posibilidades de tes. E todas as que podedes inventar!!

do blogue Tierra en las manos:http://www.tierraenlasmanos.com/la-receta-mas-facil-de-burbujas-gigantes/

Con forma de variña 
/http://www.sandytoesandpopsicles.com/craft/homemade-bubble-wands/

Pompa jabon grande embudo verde
https://www.pinterest.es/pin/28288303889083330/

Dentro dalgúns CABES TI!! Por se o dubidas, mira aquí...



https://www.melodijolola.com/ninos/diy-burbujas-gigantes


Pero espera. Para ser b@ científico tes que recoller os datos nunha folla de rexistro. Non esquezas cubrir unha das dúas versións. Debuxa popla parte te atrás con quen o fixeches e os seus nomes e cómo se desenvolvíu todo.




e para @s máis valentes:


Podes proveitar para aprender esta canción "oficial" das burbullas e cantala mentres xogas. É todo un hit!!🎵😉




E ti, cal vas facer? Tésnolo que contar!!
Como mañá é o día Internacional do xogo o podes celebrar cunha 
INVASIÓN de BURBULLAS XIGANTES
 Non esquezas mandar fotos🌈📸 

 Se tes un anaquiño pásate polo PADLET
da 307 ata a 313


Ningún comentario:

Publicar un comentario