xoves, 30 de abril de 2020

✨🌼 Oooh!! 🌼✨ Que bonita letra🐶!

Paseniño, paseniño imos avanzando co repaso das letras. Nestes días tócalle á letra -O- que nos encanta. Redondiña como é ela, sinxeliña de debuxar e de recoñecer. Non ten confusión!! Bueno, sí, un pouquiño co número 0, pero así aprendemos a trazar dúas cousas á vez, verdade?

 Para que lembres ben como é fai, resolve este crebacabezas. E doado de facer, a que sí?




Cantos nomes de compañeir@s de clase coñeces que teñan a letra -O- ? Ainda hai alguns, verdade? 
Pois podes intentar debuxar es@s compañeir@s na parte de detrás desta ficha. Iso sí, xa sabes cómo dicimos:
PUNTA no PUNTO para saber onde comezar a repasar


Nesta fíxate ben, tes que completar os ocos e logo copiar.
Queres escoitar unha canción da o bastante divertida? Pois prepárate que esta farate bailar....


Un repasiño de todas, que che parecería?
Esta canción é de C-O- L-O- MBIA, un pais que como ves leva moitos -O- 


Tamén a palabra C-O-NT-O leva moitas . Éste é un dos meus favoritos, non somentes porque o nome do seu protagonista leva o -O-, senon porque ao pobre lle pasa unha cousa moi curiosa. 
E o marabilloso e único can N-O-N!!, bueno, N-O-, porque está en castelán. É de Marta Altés.


Leer más publicaciones en Calaméo

Meu pobre🤦‍♀️🐶 Que é o que realmente esta a facer N-O-N!? Esta facendoo tan ben como cre? Por que pensa que se chama así? Cres que hai xente que lle sucede ó que a N-O-N!, que pensan que o que fan está ben pero os demáis o ven doutro xeito diferente? Como poderías resolver algo así?
Puff, cantas preguntas saen dun libro, pero a máis importante é...Gustouche?
Pois se é así anímate a completar esta ficha:


No Blogue da BIBLI-O-TECA podes atopar unha entrada moi chula sobre este C-O-NT-O.
 Se premes en BIEIT-O,  xa che leva el mesmo.



E non esquezas pasar polo PADLET para atopar máis suxestións para este día. Deixamos alí uns xogos para disfrutar coas letras:


Son as actividades dende a 191 ata a 197 😉🌈



mércores, 29 de abril de 2020

🌈🎨🖌A incrible PINTURA QUE MEDRA🖌🎨🌈MÉRCORES DA CIENCIA 9

Como xa é mércores, non nos esquecemos de facer un experimento novo, e xa levamos 9 seguidos!!!
Nesta volta imos intentar un dunha pintura que "medra". 
O primeiro, coma sempre, buscar e colocar os ingredientes. Seguro que os tes todos na cociña...



Pouca cousa, verdade? Pois lembrade que ademáis precisamos uns vasiños, bolsiñas plásticas ou botes pequenos para mesturar as cores e un papel ou cartón que COLLA NO MICROONDAS!!!
O proceso que vai ter lugar é unha FERMENTACIÓN.
Ai, menudo palabro, pero iso que é?
 FERMENTACIÓN  é unha reacción química, un proceso químico no que as moléculas se descompoñen noutras máis sinxelas. Para facer iso no noso experimento nos imos utilizar LÉVEDO ou fermento.

Pois sabido isto, as mans á masa, que o proceso e moi sinxelo:



Sabes contar ata trinta 3️⃣0️⃣? Pois claro que sí, asi que podes contalos ao ritmo que 
 marca o microondas.
👀 Ollo, que se pos moita masa igual precisas ata 45 segundos 4️⃣5️⃣⏱⏳
Tamen podes meter as pinturas mesturadas en bolsas plásticas como o fai o cativo do blogue



Queres ver como queda? Pos bota un olliño a estas imaxes. 
OS RESULTADOS SON FABULOSOS!!



Ánimo, que estamos agardando  ver as túas obras de arte!!!
Sabes que para non esquecer o que fixeches podes completar esta folla de rexistro en calquera das súas versións ou na túa propia...e poñendo detrás o nome dos que o fixestes e o que che resultou máis salientable.




Se che queda ratiño aínda podes  crear a túa obra de arte nun verdadeiro museo:🎨🖌🌈
 A TATE GALLERY de Londres ( Sí,claro, de onde ven Monkey)
Podes xogar dende o ordenador, o móbil ou a tablet. E suuuuperchula!!!


Mira atentamente esta obra de arte che lembra a alguén...😂😂

Se queres ver máis aplicacións de Museos, para xogar o para facer visitas virtuais non esquezas pasar polo blogue PINTUREIRO que tamén é noso. E a gozar do Arte!!


Iso sí, non esquezas pasar polo PADLET para recoller algunha suxestión mais. 
Ánimo e a pintar a vida de cores!!🎨🖌🌈





martes, 28 de abril de 2020

✨💖🎥📽 ESTREA DE PELÍCULA!!📽🎥💖✨

Esta martes comeza de alfombra vermella. Por fin estreamos a película. Temos @s protagonistas máis exitosos. Temos moitas historias. Contaronnos  os seus contos favoritos: algúns pouco, outr@s moito e @s de máis acolá con portavoz. Veredes cómo o fixeron. Xa volo adianto eu, que de MA-RA-BI-LLA!!


Pero antes de coller o tique🎟🎫  e comezar coas palomitas🍿 revisa outras novidades d@s cadradiñ@s destes últimos días.
 Da gusto ver o ben que estades tod@s!! E a man que tedes para os experimentos.


Unha colleita enorme!


   Os experimentos de A AUGA QUE CAMIÑA




O novo experimento tamen está feito!! Mario G o envía con vídeo e todo!!






 Vos queda fantástico: vede, vede...




Pro aínda hai máis:

Fabulosísimo ese pez "arcoiris!! Que color!!!Bravo!!!

E sabedes quen se animou a facer os experimentos connosco? Xa o poderedes ler na foto que enviou do resultado.
Síiiiiiii, é a profe ADA, que fixo as prácticas connosco e que sempre está pendiente do ben que o facedes!!BICOS PARA TÍ tamén, ADA.

Agardade, agardade, que aínda que máis cousas: os debuxos de Sabela para practicar o seu "English"


e unha celebración estupenda. 
Entre manualidades e bos momentos na casa ,houbo un ANIVERSARIO!! 5 anos xa!!


E aínda que non llo puidemos cantar en persoa, podemos disfrutalo neste vídeo que é como os que poñemos na Pantalla de clase, acordadesvos? 



Por último , se xa tedes preparada a vosa entrada, imos a estrear a película con TOD@s @s Cadrad@s actuando.
gif feito con fotos freepik
Apagade os móbiles  😉 e Shhhh! Silencio, comeza a función.🎬📽



A que estades xenial?
Iso sí, coa emoción non vos olvidedes de pasar polo PADLET que temos suxestións moi chulas hoxe.



luns, 27 de abril de 2020

✨🦋Benvidas BOLBORETAS🦋✨

Vai ser que neste luns toca esperar. Todo preparado para a peli d@s Cadrad@s, a entrada lista e...a plataforma de acolle os vídeos presenta un problema. Cambiamos de plans, entón. Non pasa nada que xa sabemos esperar, verdade? Mentres imos aproveitar para soltar unhas bolboretas no mundo para que nos dean cor e maxia. Adiante con elas!!


A meirande parte das fotos deste gif saqueinas da páxina de NATIONAL GEOGRAFIC, que é unha tolería o que ten de cousas de animais. Botádelle unha ollada e veredes...


A  canción do BLOGUE de música que subiu a profe María é das favoritas. Esa bolboretiña é total, se queredes visitala, premede aquí.


Quedan unhas fichas de bolboretas moi científicas. E que hoxe tamén é día de mate. De seguro que as fas xenial. Conta, conta...

Nesta teráas que axudar á bolboreta a atopar a saída. Vaia lío de labirinto!!



 Quedan no PADLET dous vídeos para facer bolboretas de papel moi distintas, mirade os resultados:



Que che parece se  utiliza materiais de refugallo para crealas?


 NON esquezas enviar fotos cos resultados se te animas a facelas.

N@s cadrad@s a que máis nos gusta e ista e ademáis podes cambiar e mesturar as cores canto queiras... Unha esponxa, unha goma do pelo, témpera e ....


 Deixovos con PADLET e paciencia, que mañá de seguro que estamos de estrea!!



venres, 24 de abril de 2020

📘🌈🎵CONTAMOS CON ELMER 🎵🌈📗

Ola de novo!! Venres xa e contando os días para sair dar unha voltiña, non si? Pois namentres deixamos esta entrada cargada de contos, actividades, elefantes e letras   E  
Como aínda non chegaron todos os vosos vídeos imos agardar para ver a peli completa dos contos favoritos d@s Cadrad@s ata o luns, a ver se tod@s se animan!! Aproveitamos para usar un dos vosos contos favoritos para rematar a semana. Cal será?

Pois claro que é   E  LM  E  R!!  🐘
Non só e un dos vosos contos favoritos senon que é dun    E  L  E  FANT  E  🐘  cuxo nome leva varias   E  ...
Cantas dis que son? Esas mismas!!
Aquí temos un debuxos moi chulos de Mario G que puidechedes ver tamén no vídeo da biblioteca. Chachis!! Son un antes e un despois


Se pasaches antes polo PADLET verás que ten xa varias actividades colgadas, pero aquí atoparás moitas máis...Adiante!!

Primeiro escoita o conto, que está moi chulo, ademáis con PICTOGRAMAS, unha palabra rariña que quere dicir que son debuxos que representan as cousas, igual que o fan as palabras, pero máis sinxelo de ver cunha ollada.Tod@s sabemos ler PICTOGRAMAS, xa o verás...

Exemplo de pictogramas



Queres velo en plastilina feito por nen@s ? Queda chulo, chulo.


Agora ven a canción. Xa sabes, podes cantala canto queiras!!! Tamén usa PICTOGRAMAS para que a podas intentar ler ti.



Agora que xa casi o sabes todo sobre    E  LM  E  R 🐘 que che parece se fas as actividades. Pide axuda se a precisas, iso sí, pídea POR FAVOR, que sempre cha dan máis content@s.
 Pero ti eso xa o sabías, verdade?


 

Este sí é dificil, pero o ides facer guai.


Ánimo,  quedan unhas fichas e dous xogos. 
Seras quen de facelo durante esta fin de semana?



Esta ten códigos


E despos de tanto traballiño. Que tal unhas manualidades moi sinxelas de elefantes para estirar os dedos e o maxín?


A manualidade orixinal era gris, pero que che parece cómo me quedou un   E  LM  E  R 🐘de cores? Xa ves que só se precisa un plato de cartón ou un cartón redondo para a cara, cartón ou papel para as orellas e un calcetín o máis longo posible!!!  
E para facer un xogo con máis movemento e puntería aquí vai esta foto na que se ve cómo facer un elefante🐘 para encestar. Temén podedes usar platos de cartón ou o que atopedes por casa.
A ver que tal vos queda a vós!!!


Mans á obra!!
🐘📕🐘📗💖🐘📘🐘📒
e non esquezas pasar polo  PADLET

xoves, 23 de abril de 2020

🌈📕📗FELIZ DIA DO LIBRO📒📘💖

Hoxe é o día do libro, co que nos gustan @s cadradiñ@s!!! 
Imos celebralo cunha morea de cousas divertidas. Xa veredes:

 Empezamos polo crebacabezas, a ver cómo se che da!!

Temos unha chea de vídeos vosos que mañá subiremos, estamos esperando, por que temos que  esperar por algun@s Cadradiñ@s que ainda están rodando😉🎥...
Mentras podes facer estes xogos de MEMORY de contos. Cántos destes coñeces? E algún dos teus favoritos? Aposto a que sí!!

Non esquezas premer nas frechas vermellas para ampliar o xogo...





Espera, espera, que aínda hai máis. A ver es recoñeces estes de aquí. Xa os contaramos na clase, lémbralos?


 Que non sabes por qué se celebra o Día Internacional do Libro? Agarda que cho explican neste vídeo.


Deixo aquí enlazada unha entrada que a vimos o ano pasado e que cho conta tooooodo polo miúdo. Bótalle unha ollada!! 

Neste Genially participaron poñendo as voces antig@s Cadradiñ@s. Xa veredes que vne o fan.



Pero o mellor aínda está por chegar...queres ver o "trailer" d@s Cadradiñ@s mentras agardas a estrea da película? 🎥✨🌈🌈 Pois aquí o tes. Faltan algúns protagonistas, pero de seguro que nestes días poderemos incorporalos.
Gustouche? Pois claro que estamos desexando vernos, pero aínda así estmos unid@s!! Mañá poderedes ver o vídeo completo.

Ollo, que aínda podedes atopar xente coñecida noutros blogues, como o de Música


ou  na entrada da Biblio!!


Desfrutade moito e non vos olvidesdes de revisar o  PADLET NON PERDAS O RITMO.