domingo, 25 de abril de 2021

🌍📚Día Internacional do Libro 2021📚🌍

O día Internacional do Libro sempre é unha data moi sinalada n@s Cadradiñ@s.

Nesta ocasión estivemos a falar de por que celebramos este día. E falamos de  Miguel de Cervantes Saavedra. Aquí vos deixamos o crebacabezas deste escritor tan importante.  


Estivemos a aprender unha chea de cousas sobre a súa obra e sobre outros escritores que tamén finaron nese día e que tiñan tanta sona coma el. Ou casi. Para iso fumos ata o blogue  Ssissimonea onde nos contaban todo o que hai que saber sobre o día do libro. 

Preme na imaxe

Fixemos un libro onde recollimos o máis salientable destes datos. Elaborado totalmente por nós!! Mirade como era antes de que o rematáramos...


Tamén nese blogue atopamos un Genially onde nos falan da obra máis importante de don Miguel:

 

Mirade que "posado" tan chulo  fixemos coa nosa medalla do día do libro e o libro que realizamos. 
Detrás das máscaras están os nosos risos coa satisfacción do traballo ben feito. Claro que si !!!



                                       💗Encantounos DON QUIJOTE!!!💗 
        Tanto que non puidemos evitar disfrazarnos de cabaleiro andante. Coa lanza, escudo e ata bacía (o sombreiro tan curioso que o fidalgo levaba).  Mágoa que houbo algunhas baixas entre nós e non saímos tod@s na foto, pero de seguro que outro día hanos dar tempo a voltar sobre o tema.
 

Queres vernos máis polo miúdo? Adiante, intenta recoñecernos no gif de abaixo.



 Para rematar gustaríanos compartir unha das cousas que máis nos encantou: 
a canción de "Don Quijote". Esta é a verión con pictogramas para aprendela aínda máis axiña...

luns, 8 de marzo de 2021

8 DE MARZO Día das MULLERES. SYLVIA EARLE.

 8 de Marzo

 Día das Mulleres Traballadoras.

Nesta ocasión queremos adicarllo a unha muller traballadora moi especial

e unha bióloga mariña que leva mergullada máis de 7000 horas en tota: Ten o record de mergullo en profundidade en traxe.  Foi primeira  persona nomeada como "Heroe do Planeta", a primeira científica  xefe da Oficina Nacional de Administración Oceánica e Atmosférica (National Oceanic and Atmospheric Administration, NOAA), Premio Princesa de Asturias da Concordia., escritora, profesora, científica, exploradora, investigadora...
  Sylvia é unha muller con moitísimas facetas. Tantas ou mais que este crebacabezas que fixemos co seu retrato.


Nos xa o resolvemos no patio, e déusenos de marabilla.




 Esta bióloga mariña está sempre loitando por manter o óceano limpo e vivo e está realmente preocupada pola saúde do planeta.  Queres ver o que che conta?


Na clase d@s Cadrad@s xa sabemos un pouco dela e tooodas estas palabras nos sairon cando intentamos definir o que Sylvia Earle fai.


Puxémonos mans á obra e recollemos parte das cousas que fai esta oceanógrafa nun debuxo. Como tamén axudou a deseñar batiscafos e submariños debuxámola pilotando un polo medio do océano.

Se queres ver máis cousas sobre esta exploradora e coidadora do planeta as descubriras ollando este vídeo:

A verdade e que na nosa clase estamos pero que moi concienciad@s con este tema, e e que xa vimos vai uns días este vídeo que nos impresionou un montón. Pertence á escolma de recursos que recollemos no padlet AUGA-AGUA-WATER.

 
O mellor e que nós todavía estamos en tempo de paralo. Se tod@s poñemos da nosa parte asguro que o conseguimos. E ti, que podes facer?

venres, 19 de febreiro de 2021

😁😊XORNADA DE INFORMACIÓN ABERTA 😊😁

 XORNADA DE INFORMACIÓN TELEMÁTICA PARA O VINDEIRO CURSO

Este ano non pode ser. Quedamos sen poder abrir as portas da escola e da aula para que as familias interesadas en incorporarse á aventura deste CRA poidan entrar e velo desde dentro. 

Asi que esta xornada de portas abertas a cambiamos por unha xornada de información telemática.

Só tedes que pedir cita telemática para o día 23 de febreiro ao correo escrito debaixo e solicitar a información que precisedes.

cadrados21@gmail.com

Pero se tes ganas de ver o cole por dentro e a aula d@s Cadrad@s en particular, mira este vídeo que deixamos. Non se pode esquezcer  que nestes momentos están os espazos artellados para cumplir as medidas antiCOVID vixentes: con alumnado de máis de 10, precisamos facer grupos burbulla, espazos separados, etc. E así resolvimos as aulas: 

Agardamos que vos guste e esperamos vervos axiña. Pero non esquezas que no CRA temos máis escolas con prazas libres que podes consultar na páxina oficial do CRA.