Amosando publicacións coa etiqueta BAILES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BAILES. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

🐞🌿 Maratón de XOANIÑAS 🐞🌿


Ó parecer estas xoaniñas viñeron para se quedar. E é que teñen ese lunares tan redondiños que non poden ser máis axeitadas para un maratón matemático. Anímaste a ir a por toda nesta "olimpiada de xoaniñas"?...

Ese crebacabezas, marchando, que imos entrenando a mente..

Moita forza e empezamos. Que o X che acompañe...


 A primeira actividade é moi sinxela. Só tes que debuxar tantas xoaniñas como che pidan. Destas xa fixeches varias. Non te vas a confundir, xa verás:

Ai, o número 6   non é tan doado, verdade? Ás veces nos engañamos e o poñemos mirando cara ó outro lado. Non te preocupes, lembra que é dos poucos que vai  cara a man onde agarras a folla.A non ser que sexas zurd@!! Que che parece se o repasas nesta ficha e de paso fas grupos de 6 xoaniñas? Ollo que igual che sobra algunha...




Axúdanos a atopar as que son iguais, que aquí haiche moito lío:


   Esta serie non é tan sinxela como che pode parecer. Ollo!! 👀


Antes de iros un recopilatorio das mellores facianas da nosa amiga xoaniña que sempre fai das súas...


 Non te vaias sen xogar un anaquiño. Este xogo online da xoaniña é moi chulo e ben sinxelo. Preme na imaxe para xogar. Se queres unhas INSTRUCCIÓNS moi ban feitiñas preme  AQUI.


Aquí hai outro xogo en rede, pero este é de investigación. Canto sabes tí de bechos?


 E por se chove pola tarde, unha xoaniña moi especial que igual xa coñecías, non?
 É miragrosa, ou eso dín, haha...


Ou podes xogar a este BINGO moi chulo que ten ata o número 30. Está na páxina de Orientación Andújar. Preme na XOANIÑA para descargar o PDF e imprimir. Só tes que recortar e a PASALO en grande!! ( Leva tamén as fichas ) 


Non esquezas pasar polo PADLET!!
da 339 a 345

luns, 1 de xuño de 2020

🐞🌊🍧 XA en XUÑO 🍧🌊🐞


Novo mes e nova semana. Esto vai de estrea total!!
Xa estamos en -X-UÑO, que van sempre con moita ilusión,sardñas, praia e celebracións de todo tipo. 


Pois empezamos con bo pe e preparando a mente con ese crebacabezas. Ollo que xa non é tan doado, ou para ti sí?



Outra cousa que nos trae XUÑO é unhas letras superespeciais. Imos empezar por esa que usamos para tachar ou riscar: o -X-. A letra misteriosa. Aquí encántanos esta letra, por que pode xirar sobre sí mesma e dar voltas, poñerse patas abaixo e sempre se pode ler igual. Que cousa máis especial, verdade?




En galego chamamos a moitas cousas con nomes que comezan por -X- e soan superdivertidas, verás como as coñeces:

 Serás quen de resolver esta ficha interactiva ? 

A letra X, an interactive worksheet by cadrado19
liveworksheets.com


Mira de cantos xeitos o podes atopar escrito.

E aquí, cantas podes atopar?

 Seguro que xa sabes copiar os nomes destas palabras sin problema. Despois debúxaos detrás e intenta poñerlles os nomes.. Di amodiño cada unha e che será máis doado de facer.  Non pasa nada se non che saen todas as letras. A tod@s nos ocorre de cando en vez.


Non todo vai ser traballar, así que é momento de escoitar este conto da XOANIÑA ROSMONA de Eric Clarle que tan divertido é:


Estas xoaniñas como son cando se poñen, a que sí?  Ás veces a nós tamén nos pasa. E ti, cando rosmas? Podes decuxarte ou poñer a tua cara enriba da do cadradiño e escribir-con axuda- o que che fai rosmar.

o faino nesta ficha que che cabe mellor...

Teño por aquí unha canción con baile dunha creadora da que xa coñecedes moitas cousas e cancións que vos aprendeu a profe María., chámase SUSA HERRERA. Propóñovos escoitar esta que vai sobre unha Xoaniña moi salerosa.


Se queres facer a túa propia xoaniña para aumentar esa colección de animais de manualidades que tes podes escoller unha destas, duas, ou todas. Hainas de comer, de reciclaxe, de reutilización...Son chulas, chulas...



E antes de nos marchar aproveito para lembrarvos a esta xoaniña que viamos de cando en vez na clase e que sempre nos fai tantísima graza. Acórdaste dela? SEGUROOOO!!


E non esquezas pasar polo PADLET, que xa sabes que algo máis haberá...
dende a 332 ata a 338


martes, 26 de marzo de 2013

VAITES, VAITES, ENTROIDO NOS CADRADOS

Cunha festa rachada pasou o Entroido polos Cadrados.
Sen dúbida , para nós fomos @s máis guap@s do mundo, pero xulgade vós mesmos:  

Botamos de menos a Alejandra que estaba maliña, pero no vindeiro Entroido de seguro vai estar connosco para celebralo.
Traballamos arreo para poñernos no ambiente de festa e disfraces...
Decoramos a clase, e tamén fixemos:
As nosas caraoutas de "deseño":

Chapeos piratas como os de Cristovo, a mascota da Biblioteca...

As nosas mellores galas e o máis divertido para cada un de nós: 
amigos, música, xantar e bailes.
¿Que máis lle podemos pedir ás festas?

Momentos superdivertidos e especiais nos Cadrados e en Guísamo enteiro. 
Vede, vede este vídeo, que ben o pasamos:


E como sempre, agradecer ás familias a colaboración con todas as comidas (chourizos incluídos), lambetadas e doces típicos que trouxeron. Damos fé do tan ricos que estaban.
¡¡¡E é que os Cadradiños somos moi larpeiro@s, pero tamén agradecidos!!!

luns, 24 de decembro de 2012

¡¡BO NADAL DENDE OS CADRADOS!!

Cargadiños de bos desexos rematamos o ano 2012. Con múltiples visitas, traballos, festas e sorpresas.
Estivemos moitos días
 CREANDO NADAL...


¿Queres ver cómo o fixemos? Aquí deixamos unha mostra...
ou fai doble clic na pantalla cando abra 




Xunto cos compañeiros da Aula dos Círculos e baixo a dirección da profe Julia realizamos o OBRADOIRO de COCIÑA. 
¡DELICIOSO!


Cando xa estabamos emocionados chegounos unha sorpresa INCRIBLE ao correo dos CADRADOS:
¡¡UN VÍDEO DOS REIS MAGOS PARA NÓS!!

Se o queres ver facede clic na imaxe, pero ten paciencia que tarda un pouquiño en cargar...



Ese momento tan especial no que os Reis nos falaban está recollido no seguinte vídeo. 
¡¡Non te perdas as nosas caras!!



Prometimos portarnos ben e así o estivemos facendo. Entre adornos, traballos e diversión chegou o último día de clase cunha 
VISITREAL





Grazas a TOD@S as familias 
pola vosa colaboración na festa de NADAL. 
Mención especial a Patry, nai de Estela, que trouxo unha xerra xigante de chocolate quentiño para convidar a tod@s.
E por último, antes da despedida ata o ano que ven, unha nova entrega do 
FALADOIRO dos CADRADOS:
A pregunta era ¿quen veu de visita? 
Non perdas as respostas!!




AVISO AS FAMILIAS DOS CADRADOS
Con tanta festa e emoción olvidóuseme meter as carpetas de ENGLISH que deixara preparadas a profe COVA con tanto cariño. 
Se queredes pasar a buscalas durante os días non festivos a GARDERÍA vai estar aberta, e as profes da mesma faranme o favor de volas dar.
Sorry, COVA!!



Non esquezades visitar os demáis blogues nestas datas. No de TICS atoparedes xogos moi divertido e axeitados para vós.
¡¡¡¡ Bo Nadal a tod@s!!!!

domingo, 25 de novembro de 2012

Máis CADRADOS NOS CADRADOS

Temos moitas cousas que contar na
Aula dos Cadrados.
Xa nos despedimos de Francia (AU REVOIR) e marchamos con MADLENKA cara outros lugares. 
Dámosvos uhna boa pista coas fotos que seguen...


Por se non vos da tempo a vernos,
poñemos o póster completo...


¿ Aínda non sabes cara onde fumos desta volta?
Pois o noso amigo MANUEL acláracho neste vídeo...



Podes seguir a nosa viaxe a través dos blogues PINTUREIRO, TICs do CRA, Son do CRA e O Mundo Enteiro, aínda que en todos os blogues do CRA seguro que atoparas cousas interesantes.

Nestes días estivemos seguinda pista duns pequenos amigos dibuxados por ANXO FARIÑA. Son CADRADOS, como a mascota da nosa Aula,
¡¡¡Son os famosos PELELLIÑOS!!!
Amigos de Antón e Pompón que tamén nos acompañan na viaxe...

Xa levamos algún para a casa e pronto levaremos os demáis. Con eles aprendimos a colocar ollos e boca nas cara e imos mellorando moitísimo...
Aquí o podedes apreciar.
Tamén tivemos os nosos primeiros encargados do curso. 
Esa honra nesta primeira vez foi de...
NOEMÍ, VÍCTOR E ALBA.
¡Qué contentiños estaban!
Nesta última semana tamén celebramos o
con diferentes actividades. 
Vede cómo resultou na nosa aula...


Logo coa profe Isa, da BIBLIOTECRA, vimos un vídeo musical de LUNICEF superchulo...


e un contador de días dos dereitos de seu para cada neno que poderedes ver no blogue BIBLIOTECRA.



Continuaremos coa viaxe a vindeira semana, desfrutando das características de INDIA; pintando MANDALAS dende Pintureiro; aprendendo e visualizando cousas indias dende o Mundo Enteiro; facendo instrumentos coa profe María; documentándonos dende a Biblioteca 
e xogando no mundo no blogue de TICs.



venres, 12 de outubro de 2012

AS FOLLAS do OUTONO nos Cadrados

 ¡¡Como nos gustou esta semana tan curtiña e variada!!

Xa vimos cómo caen as follas no Outono.





E enchen ata o patio de xogos dos pequenos da gardería. Éstes invitáronnos a desfrutar con eles do mural que lles fixeron as profes. 
¡¡Moitas Grazas a todos, ás profes e a Auri ,
e @s nen@s!!


Así que xa na nosa aula comenzamos o traballo de decorar unha folla xigante. 
Vede que ben o pasamos pintandoa coa técnica da estampación con esponxa...
Por equipos








Tamén vimos un conto novo que nos vai a axudar a preparar o noso proxecto anual que este ano non saberemos se nos vai quedar pequeno, jeje.
É o proxecto de 
¡¡O MUNDO!!

E o conto que nos vai axudar é o de MADLENKA
Se queredes saber máis cousas sobre él e o seu autor podedes ir ao blogue de TICS premendo na imaxe de abaixo:




Sempre queda un ratiño para disfrutar na aula dos Cadrados. 
Nesta ocasión a profe Eva axudounos nunha viaxe polo mundo do maxín. E así foi como nos disfrazamos coas roupas que dos nosos baules saíron...
¡Qué cousa máis divertida!...
Non vos perdades esta reportaxe gráfica.
(Podedes imprimir as fotos premendo na marxe superior esquerda da Calaméo.)

sábado, 30 de xuño de 2012

CHEGOU A DESPEDIDA

Despois de tantos días xuntos, o curso rematou.
E con él a andaina dos primeiros Cadrados da Escola de Guísamo.
Foi unha semana cargadiña de cousas: de despedidas, de traballos, de lembranzas e de diversión.



Os ENCARGADOS nesta semana tan, tan especial foron ANTÓN, IÑAKI, ALBA e ALEX, que posaron xa fora da aula.


O axudante foi THEO que estaba así de contento 
de ser o último en ter esa "honra"


Non nos esquecemos de amosarvos a evolución do noso horto que, pouco a pouco, comezou a darnos alegrías, vede, vede:



Por fin puidemos encher as cápsulas do tempo con todas as cousas deste ano que merecen ser lembradas: fotos, retratos, libros de leiras, tapóns coa abella Pepa, o caderniño de mate, libros de cancións e un CD estupendo con HITs deste curso. Así que, xa sabedes, Cadradiños, ata dentro duns anos as tedes que gardar para volver a abrilas logo, como fixo Andy Warhol.






























































Experimentamos cunha das adquisicións máis desexadas da aula dos Cadrados: os copos de millo coloreados, que deixaron voar a nosa imaxinación 







Non podemos esquecer o último cumple do ano: o de PAULA, que pechou o curso soprando a súa candea de 6!!!!



A festa máis agardada, a máis desexada polos cativos eran sin dúbida esta última, a de fin de curso. E así foi na Escola de Guísamo, cun desfile e un "paseillo" que lles fixeron os seus compañeiros máis pequenos, meredola ofrecida polas profes, piñata de chuches e, como non, o baile cos "top six" do curso por cortesía da profe María. 
Non podemos esquecer tampouco as galletas tan chulas que enviaron as nais de DANI e ALEX.




Vede neste vídeo qué orgullosos estaban do paso tan importante que ían dar, e da festa que lles organizaron e compartiron cos compañeiros das aulas dos Triángulos e dos Círculos.



Antes da despedida definitiva neste blogue tres avisos moi especiais para os meus cadradiños:


Primeiro: todas as entradas deste blogue van QUEDAR como entradas antigas no blogue.
Así que as poderedes ver sempre que queirades nesta mesma lapela.


Segundo: non vos esquezades dos trucos que aprendimos neste curso para facer as cousas estupendamente ben. 
Aquí vos deixo un recordatorio do que tedes que facer.


Terceiro: agora que casi todos sabedes ler ou vos falta un pouquichiño, esperamos recibir os vosos comentarios neste blogue, e que nos contedes cómo os van as cousas nese cole tan estupendo que é o CPI Cruz do Sar.
¡¡¡Biquiños, Cadradiños!!!