luns, 23 de outubro de 2017

Matemáticas de Outono

O Outono chegou a nosa Aula. E as Matemáticas tamén...

Como sempre @s Cadradiñ@s colaboraron traendo moitíiiiiisimas cousas de Outono para compartir.

E grazas a iso puidemos facer moitas actividades Otoñais. A que máis "contou" foi ista con cazoliños, taboas e moita concentración. Unha actividade de MATEMÁTICAS de OUTONO.


Queredes ver cómo o fixemos? Pois atentos a este vídeo. Non perdades detalle ou non perderedes a conta...


Esperamos que vos guste.
Na próxima entrada vos sorprenderemos cunha aportación moi especial que ten sombreiro e pé.
Que é?
...
Biquiños d@s Cadradiñ@s

venres, 6 de outubro de 2017

Buscando tesouros...

Nos Cadrados recibimos unha sorpresa moi especial!!
Nesta ocasión o noso Armario Máxico preparounos unha verdadeira aventura. 
Tivo moito que ver esa carta que atupou a encargada no seu interior
 Diana, a nosa Profe de prácticas, axudou a desenvolvelo. 



Foron unhas pistas moi complicadas, pero as soubemos resolver usando os nosos recursos e habilidades...
Queredes ver como sucedeu todo? Non perdades o vídeo entón.


Eso foi!! O armario amosounos un tesouro de Outono cheo de cousas propias desta estación. 






Convidounos tamén a aportar e buscar coas nosas familias as cousas do Outono que quixéramos ou pudiéramos.





Se quereres ver a emoción da búsqueda ao completo, aqui tedes o vídeo enteiro...


Como @s Cadradiñ@s nos encanta compartir, xa veredes cantísimas cousas aprendemos do Outono na próxima entrada.

Grazas, Diana!!
Grazas, Armario!!