Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OUTONO. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de novembro de 2017

COGUMELOS SETAS MUSHROOMS




Canto aprendimos neste Outono!!
Grazas á colaboración das familias na aula dos Cadrados
 tivemos unha clase de verdadeira MICOLOXÍA.

Se te preguntas iso que e, dámosche unha pista con este cartel:
Pero se aínda non o tes claro, non tes máis que ver o seguinte vídeo protagonizado, como non, pol@s Cadrad@s...

Unha verdadeira inspiración para moitas actividades...




Na PDI e no patio tamén soubemos quitarlle proveito, claro que sí


Estas son algunas das páxinas que creamos para Unidade da PDI


Deixamos enlazados alguns dos vídeos que usamos para que podadas gozar deles:
Sabes como funciona una COGUMELO "Pedo de Lobo"? Pois anímate a o descubrir aquí:




Tamén vimos na aula un timelapse dunha "seta calamar"


Xa vedes como aproveitamos as achegas nos cadrad@s
Aínda que algunha non cheire especialmente ben...


Como na nosa aula encántanos pintar e colorear engadimos este enlace á nosa unidade Smart de Cogumelos na PDI. 
Aquí queda por se o quereres facer na casa tamén:

 
  Non podía faltar un conto...para trabajar un chisquiño máis os valores.  


E que vos parece un xogo como premio por tanta atención?
Que tal un zumo na casa árbol das setas? 
Non todo ía ser traballiño nos Cadradiñ@s, 😜


Saudiñ@s!!








luns, 23 de outubro de 2017

Matemáticas de Outono

O Outono chegou a nosa Aula. E as Matemáticas tamén...

Como sempre @s Cadradiñ@s colaboraron traendo moitíiiiiisimas cousas de Outono para compartir.

E grazas a iso puidemos facer moitas actividades Otoñais. A que máis "contou" foi ista con cazoliños, taboas e moita concentración. Unha actividade de MATEMÁTICAS de OUTONO.


Queredes ver cómo o fixemos? Pois atentos a este vídeo. Non perdades detalle ou non perderedes a conta...


Esperamos que vos guste.
Na próxima entrada vos sorprenderemos cunha aportación moi especial que ten sombreiro e pé.
Que é?
...
Biquiños d@s Cadradiñ@s

venres, 6 de outubro de 2017

Buscando tesouros...

Nos Cadrados recibimos unha sorpresa moi especial!!
Nesta ocasión o noso Armario Máxico preparounos unha verdadeira aventura. 
Tivo moito que ver esa carta que atupou a encargada no seu interior
 Diana, a nosa Profe de prácticas, axudou a desenvolvelo. 



Foron unhas pistas moi complicadas, pero as soubemos resolver usando os nosos recursos e habilidades...
Queredes ver como sucedeu todo? Non perdades o vídeo entón.


Eso foi!! O armario amosounos un tesouro de Outono cheo de cousas propias desta estación. 






Convidounos tamén a aportar e buscar coas nosas familias as cousas do Outono que quixéramos ou pudiéramos.





Se quereres ver a emoción da búsqueda ao completo, aqui tedes o vídeo enteiro...


Como @s Cadradiñ@s nos encanta compartir, xa veredes cantísimas cousas aprendemos do Outono na próxima entrada.

Grazas, Diana!!
Grazas, Armario!!



luns, 20 de outubro de 2014

OUTONO, AS NOVAS CORES...

Con novas cores comezou o OUTONO, e, tras recoller as follas puxémonos mans a obra coa profe Guiliana, que nos trouxo un aparello moi chulo...



As clasificamos, contamos, e estampamos ...
Coa prensa que nos emprestou Giuliana gardamos as follas máis chulas e as apretamos entre follas de xornal para secalas.  Cando seque faremos unha sorpresa de Nadal...

Agora a apretar moooito e cambiar as follas unha vez á semana:




 Todos colaboramos:










 Estamos desexando ver cómo quedan!!


luns, 11 de novembro de 2013

SAMAÍN TEN SAÍDA

No Samaín e no Magosto moito traballo temos, pero neste caso con recompensas moi, moi saborosas. Nos nosos cazoliños de castañas as recollimos, vede, vede...




    Preparamos nas casas con moita ilusión as cabazas que expuxemos na entrada do cole xunto cos compañeiros dos círculos e triángulos... 



   Aquí nos podedes ver lucindo con orgullo o noso                                   traballo:



     A que quedáchedes impresionados con tanta creatividade?

   Pois para celebrar o día do Magosto-Samaín- Halloween, todo nun, fumos de visita Á Senra, a ver unha contacontos fabulosa. Así de contentos saímos, aínda que algúns sairon tan movidos coa emoción que non nos servíu a foto para publicar:


Chegamos ao teatro con moita emoción e o espectáculo non defraudou , pois foi ¡¡SUPERDIVERTIDO!!!


e, inda por enriba, tivemos un actorazo noso no esceario...

Para seguir coa troula baixamos ata o CPI Cruz do Sar onde sempre somos moi, pero que moi ben recibidos... recíbennos DE MEDO.




Para repoñer forzas tras tanto susto saímos a gozar do bo tempo do Magosto xantando nos cazolos as nosas saborosas castañas feitas por uns castañeiros  de sona, iso sí, coa axuda das cociñas do cole.


Xa no cole rematamos a xornada moi, moi creativos.

¡¡Quedáronnos DE MEDO!!