O día Internacional do Libro sempre é unha data moi sinalada n@s Cadradiñ@s.
Nesta ocasión estivemos a falar de por que celebramos este día. E falamos de Miguel de Cervantes Saavedra. Aquí vos deixamos o crebacabezas deste escritor tan importante.
Estivemos a aprender unha chea de cousas sobre a súa obra e sobre outros escritores que tamén finaron nese día e que tiñan tanta sona coma el. Ou casi. Para iso fumos ata o blogue Ssissimonea onde nos contaban todo o que hai que saber sobre o día do libro.
Preme na imaxe
Fixemos un libro onde recollimos o máis salientable destes datos. Elaborado totalmente por nós!! Mirade como era antes de que o rematáramos...
Tamén nese blogue atopamos un Genially onde nos falan da obra máis importante de don Miguel:
Mirade que "posado" tan chulo fixemos coa nosa medalla do día do libro e o libro que realizamos.
Detrás das máscaras están os nosos risos coa satisfacción do traballo ben feito. Claro que si !!!
💗Encantounos DON QUIJOTE!!!💗
Tanto que non puidemos evitar disfrazarnos de cabaleiro andante. Coa lanza, escudo e ata bacía (o sombreiro tan curioso que o fidalgo levaba). Mágoa que houbo algunhas baixas entre nós e non saímos tod@s na foto, pero de seguro que outro día hanos dar tempo a voltar sobre o tema.
Para rematar gustaríanos compartir unha das cousas que máis nos encantou:
a canción de "Don Quijote". Esta é a verión con pictogramas para aprendela aínda máis axiña...
Bueno, bueno... pero como me gustan esos Quijotes, qué guapos!!!!
ResponderEliminarsteroid satın al
ResponderEliminarheets
GHH1E
steroid satın al
ResponderEliminarheets
LİC