Amosando publicacións coa etiqueta FICHAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FICHAS. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2020

🌊⛱⛅ GAIVOTAS ⛅⛱🌊

Non podía faltar nos océanos un dos animais máis comúns nos ceos deste planeta azul:
A GAIVOTA
GAIVOTA que temos en Galicia é a  GAIVOTA PATIAMARELA 
Seguro que adiviñas por que...



E así se escribe nos tres idiomas que usamos no CRA:


GAIVOTA é un AVE. Sabes o que é iso? Cóntancho aquí estupendamente:



Nesta páxina chamada PANDEANIMALES atoparás moitísimas cousas sobre as gaivotas: como son as súas crías, que comen, como é o seu carácter...


e nesta de SEO Birdlife terás aínda máis.



Ás GAIVOTAS encántalles estar en grupo; sempre están xuntas preto das praias, lagos, portos... Tamen devecen por comer calquera cousa das que comemos as persoas. Por iso NON debes darlle comida ás gaivotas: non distinguen se che sobra ou o necesitas, asi que tentarán achegarase a ti para coller máis. Ou igual invitan a algunhas amigas... It's not funny! Non che faría graza ningunha.
Non o esquezas, nada de comida...NON SON PARRULOS!!
Van tan xuntas que son difíciles de distinguir.  A ver se eres quen de atopar entre todas estas as que son iguais á do modelo. Sorte!!

Aquí van 30 curiosidades máis sobre estas aves:


As GAIVOTAS  actuaron en varias películas que coñeces, sabes cal é esta?



Estoutra é un pouco toleirona, verdade?



  Bueno, bueno, nós sabemos as cousas un pouco mellor que esta GAIVOTA. Por exemplo, a nós dásenos estupendo o CONTEO. Propóñovos un xogo de mate para contar e repartir que ten moito que ver con este animal.
Precisas unha gaivota (se queres), que podes debuxar ou facer tí mesmo, unha oveira e ovos, tapóns, fabas, boliñas de algodón, xel ou o que queiras usar para colocar nos ocos... Só tes que tirar DOUS dados e poñer tantas unidades como che toque en sorte. Así me quedou a mín.


 Podes poñer as de cada dado nunha fila e sumalas ou poñelas seguidas. Hai moitísimas posibilidades!! Se queres anotar as tiradas e resultados podes rexistralas aquí...


Queres facer a túa propia GAIVOTA? Este modelo é sinxelo, verás...O imprimes e montas como o de abaixo. Se o fas en cartolina aínda mellor.

Tamén está a posibilidade de facelo por pezas como nestas de aquí...





Se che apetece, podes IMPRIMIR unha máscara e ser ti a gaivota.

Ou coloreala online.


Antes de irnos e para facernos pensar un anaquiño, queda este conto que trata sobre axudar e ser axudad@. Que pensas que debería facer a gaivota? E o home?


Se tedes tempo invítovos a que vaiades vendo este vídeo que vos levará ata as ILLAS SISARGAS, meu sitio favorito do mundo (ou casi)💗🌍. Está en Malpica de Bergantiños. Estas illas son supersalvaxes e Zona de Especial protección para as aves (ZEPA).Por iso atoparedes milleiros de gaivotas, que forman enormes colonias. Pero non só son importantes e fermosas por iso. Botade unha ollada ó seu fondo mariño.
Un océano supervivo!!🌊💗🦀🦐🐡🐟🐙🦞🦑




Queda o  PADLET para botarlle unha ollada.
  da 394 ata a 400

xoves, 11 de xuño de 2020

💗🦈🌊QUENLLAS🌊🦈💗


Quen se agocha no medio destas augas tan quentiñas e lonxanas? 
Non teñas medo, pero son...

QUENLLAS!!!
Ánimo, se valente e resolve o crebacabezas que so están debuxadas.🦈🖍



Animaste a achegar estas quenllas unha a outra? É que isto das mates se lles da regulero.



Imos aprender cousas sobre este PEIXE. 


Aquí nos contan algunhas cousiñas máis. As filas de dentes que ten, a quenlla mais enorme que existíu, como durmen...



E xa que estabas co lápis na man, que tal estes camiños para unir amig@s?
Iso si,  "Punta no punto", lembras?



Serás quen de atopar as QUENLLAS iguais? Pois claro!! Váiseche dar de medo...



Non me digas que non che apetece ter o teu propio SHARK-TIBURÓN-QUENLLA? Pois claro!!! Tes aquí unha chea de modelos diferentes. Xa sabes que se premes na foto che levará á paxina coas instruccións. Con cales destes te animas?


Make these happy little "shark mark" bookmarks! Great for celebrating Shark Week or for any time you're diving into a particularly delicious book.
 MÁIS DE QUENLLAS


Love sharks? Can't get enough of Shark Week? Check out these fun paper shark crafts and party ideas!

Printable Shark Cootie Catcher
 Se xa tes a túa quenlla feita podes ver algúns episodios dos OCTONAUTAS adicados a elas. Hai varios capítulos xuntos e varias quenllas diferentes. Anímaste a velos todos? Non xuntos, claro. Agora uns e nun anaco outros pouquiños.




a vella quenlla perde os dentes-xabier lopez lopez-9788496352254

Encántanos este conto da vella QUENLLA. O coñeces? Pois podes escoitalo aquí. É unha quenlla que parece moi abusona, pero que lle irá a ocorrer?. Escoita, escoita...aquí aparecen centos de animais do mar e todos teñen moito que aprender.



Será esta a avoa do BABY SHARK?😉🤣 Está claro que non podiamos marchar sen escoitar esta canción que lle adicamos á profe Cova que seguro que lle chifla!! E a todas as nosas familias para celebrar que xa por fin podemos saír de paseo tod@s xuntos como a familia dos SHARKs 😉🦈


  Non esquezas pasar polo PADLET... da 387 ata 393




mércores, 10 de xuño de 2020

🌞🔜➡FRECHAS que VEÑEN E VAN⬅🔙🌞Refracción. Mércores da Ciencia 15


Por fin Mércores da Ciencia!! 
Nesta ocasión vai parecer que é mércores de maxia. Non o ides crer.
Dígoche de verdade, non vas saber se a cousa vai ou ven. É moi divertido e ten que ver coa FÍSICA. É cuestión de ÓPTICA.
 Esas frechas semella que veñen e van. 


Para este experimento non precisas casi nada. Auga, un vaso ou xerra e un debuxo que ti queiras, pero pequeno, eh? 



Pero que ocorre coa frecha de abaixo? 
Non eran as dúas iguais antes de poñer auga? Como é que ocorriu isto? Aquí cho explican usando ademáis UNHA BALEA!!


Por se che quedan dúbidas...



 O importante é atopar a distancia na que podas velo ben. Cada vaso ou xerra precisa dunha distancia diferente. Tes que atopar a túa.

Aquí che deixo os que usamos para probar o experimento. Algúns dos debuxos xa os ceñeces... Tes que cortar as tiras verticais para que che quede unha por riba do nivel da auga e outra por baixo.



Hai unha chea de variantes con este experimento óptico. A min este pareceme xenial. Podes pintalo con rotus. Se premes na imaxe de abaixo levaráte ata o blogue onde o explican. Está en inglés pero podes cambiar o idima para que cho traduza o navegador.

Reversing Pic Illusion | Light Refraction Trick Step 1

Pois agora que xa sabes tanto. Mans á ciencia!!! Quedan aquí as follas de rexistro do experimento:

e a baleira, por se te animas, xa sabes...


 Que foi o que máis che gustou do experiemento? Fixeches o debux das frechas? E chulísimo ver cómo viran!! Serás que de darte conta agora de cal está para cada lado? Non perdas ollo. Que ademáis hai moito que contar. Ahí vai...



Apetecete xogar un anaquiño, verdade? Pois a ver se eres quen de atopar as parellas destas frechas que veñen e van.









Se ainda quere un pouquiño máis preme nesta imaxe e che levará cara outro xogo de atención.


E non esquezas pasar polo PADLET
da 380 ata a 386




martes, 9 de xuño de 2020

🐋🐳Animais mariños.AS BALEAS🐋🐳


Mira que ven por alí, resoprando e cantando. Son unha familia de...



Aquí as tes. É o teu turno de volver xuntalas.



As  Baleas non están soas, sabes cantos animais viven baixo o mar? E incríble a cantidade deles que podemos atopar. Alguns mergúllanse quilómetros!!! Podes velo nesta páxina de abaixo. Preme na imaxe e te levará ata a páxina. Só tes que facer "scroll" coa roda do rato e baixar ata as profundidades nesta páxina.


Aqui verás varias especies mariñas. Seguro que coñeces casi todas...



 Estes aínda son máis sinxelos...



Cantos deles saen na ficha de abaixo?




Un dos nosos animais mariños favoritos é a Balea supercoñecida amiga d@s Cadradiñ@s. Lembras cando vimos o vídeo no que se achegaban @s buzos? Que susto e que risa todo xunto!!Aquí o tes de novo.


Aunque para saber un pouquiño máis sobre elas, podes facer unha visita con Alex polo fondo do mar.


Aqui tes a ficha da  Balea . Lembras cando a fixeches na clase? Non esquezas debuxar a túa propia.



Neste capítulo dos OCTONAUTAS ides recoñecer algunhas  Balea  e animais que viramos cando visitamos os polos. Vos lembrades?


Temos estas  alguns animais fichas a man, queres volver facelas?





Cantísimo sabes xa de CETÁCEOS!! Queres comprobar se eres que de atopar as parellas?




No esqueas que no PADLET PLANETA ANIMAL tes moitísimas cousas máis dos aimais mariños.


Tempo de bailar un pouco. Mira se recoñeces alguén nesta canción da BALEA LOLA!! Claro, son @s Circuliños de Guísamo, bailando coa profe María!!


Antes de nos ir, que che parece se fas a túa propia balea?
Cunha bolsa de papel...


Con cartolina
do blogue https://ftcostu.fashiontoptrend.com/molde-de-ballena-okuloncesit-es-preescolar/
 de cartón con molde premendo na foto.


Con material de refugallo.  Esta é total....


Antes de despedirnos, que tal esta sesión  de ioga "acuático"? Sentarache de marabilla...



 e non esquezas pasar polo PADLET
da 373 ó 379

luns, 8 de xuño de 2020

🐟🐠🌊 DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS🌊🐠🐟


Como comezamos de forte!! Cun dos días que máis nos gusta @s Cadradiñ@s.
 É o DÍA MUNDIAL dos OCÉANOS. 
Co que nos chifla a praia !!


Sí, son as mascotas do primeiro trimestre, que saen a saudar. Que non as lembras ben? Non pasa nada. Fai este crebacrabezas para entrenar a mente e verás que axiña estarás máis concentrad@.




Pero iso da DÍA MUNDIAL dos OCÉANOS quen o convoca?
O convocan as NACIÓNS UNIDAS, tamén chamadas ONU 

Se queres saber máis sobre este organismo e o que van facer hoxe preme nas fotos:
foto de https://www.un.org/es/observances/oceans-day
Todos vivimos do mar dun xeito ou doutro.

E ti,  sabes o que é un OCÉANO e que o distingue do mar ? Son o mesmo? Escoita, escoita:


Asi que  OCÉANOS somentes hai 5, e tres xa os coñeciamos: ATLÁNTICO,que é onde vivimos nós , ÁRTICO que é onde vivían os osos polares e  ANTÁRTICO onde o fan os pingüíns. 
Só nos faltan por aprender o Pacífico e o Índico e listo!!
gif realizado con imaxes de Happy Learning

E tí, que fas polo mar? Eres coidados@  ou o deixas todo ciscado? Estás atent@ a deixar as cousas como che gusta atopalas a tí? Presta atención ao conto das Tartarugas MARVIN e TITO


Que lle pasaba a  tartaruguiña TITO? Quen a liberou do perigo? Cres que debemos tirar lixo ó mar? Cómo podes facer tí para evitar que cousas como estas ocorran? Axuda a apañar as bolsas en grupos de 6 na seguinte ficha.


Pois sí, non tirar as cousas fora do seu lugar e recoller o lixo das praias, é moi boa idea. Queres ver cómo o fai este amigo. Bota un ollo. 

   
Chulada de reciclaxe!! Outra idea chachi para coidar dos océanos é reciclar esas cousas que rematan flotando neles para facer as nosas propias TARTARUGAS ou SAPOCONCHOS. Anímaste a facer algunha destas? Pois mans á obra.
Cun plato de plástico ou de cartón: Se premes na imaxe levarate ó blogue onde teñen plantillas e todo!!

cunha cunca verde neste vídeo.


Cunha funda de ovos


A MIÑA SUPERFAVORITA por que flota e é superguai...
As instruccións están premendo na foto. 


E se o teu é facelo con papel ou cartón, aquí tes este vídeo de como facelo e a plantilla para imprimir. é da páxina Krokotak


Como che gustaría a ti que estivesen os OCÉANOS? Podes debuxalo nesta ficha.



Agora un pouco de xogo. Non todo vai ser traballar:


Relaxémonos un anaquiño, que mañá quedamos de novo para aprender máis cousas do mar. Que tal esta sesión de ioga coas tartarugas? Sentiraste superben...


E non esquezas pasar polo PADLET...
da 366 ata a 372