luns, 8 de xuño de 2020

🐟🐠🌊 DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS🌊🐠🐟


Como comezamos de forte!! Cun dos días que máis nos gusta @s Cadradiñ@s.
 É o DÍA MUNDIAL dos OCÉANOS. 
Co que nos chifla a praia !!


Sí, son as mascotas do primeiro trimestre, que saen a saudar. Que non as lembras ben? Non pasa nada. Fai este crebacrabezas para entrenar a mente e verás que axiña estarás máis concentrad@.




Pero iso da DÍA MUNDIAL dos OCÉANOS quen o convoca?
O convocan as NACIÓNS UNIDAS, tamén chamadas ONU 

Se queres saber máis sobre este organismo e o que van facer hoxe preme nas fotos:
foto de https://www.un.org/es/observances/oceans-day
Todos vivimos do mar dun xeito ou doutro.

E ti,  sabes o que é un OCÉANO e que o distingue do mar ? Son o mesmo? Escoita, escoita:


Asi que  OCÉANOS somentes hai 5, e tres xa os coñeciamos: ATLÁNTICO,que é onde vivimos nós , ÁRTICO que é onde vivían os osos polares e  ANTÁRTICO onde o fan os pingüíns. 
Só nos faltan por aprender o Pacífico e o Índico e listo!!
gif realizado con imaxes de Happy Learning

E tí, que fas polo mar? Eres coidados@  ou o deixas todo ciscado? Estás atent@ a deixar as cousas como che gusta atopalas a tí? Presta atención ao conto das Tartarugas MARVIN e TITO


Que lle pasaba a  tartaruguiña TITO? Quen a liberou do perigo? Cres que debemos tirar lixo ó mar? Cómo podes facer tí para evitar que cousas como estas ocorran? Axuda a apañar as bolsas en grupos de 6 na seguinte ficha.


Pois sí, non tirar as cousas fora do seu lugar e recoller o lixo das praias, é moi boa idea. Queres ver cómo o fai este amigo. Bota un ollo. 

   
Chulada de reciclaxe!! Outra idea chachi para coidar dos océanos é reciclar esas cousas que rematan flotando neles para facer as nosas propias TARTARUGAS ou SAPOCONCHOS. Anímaste a facer algunha destas? Pois mans á obra.
Cun plato de plástico ou de cartón: Se premes na imaxe levarate ó blogue onde teñen plantillas e todo!!

cunha cunca verde neste vídeo.


Cunha funda de ovos


A MIÑA SUPERFAVORITA por que flota e é superguai...
As instruccións están premendo na foto. 


E se o teu é facelo con papel ou cartón, aquí tes este vídeo de como facelo e a plantilla para imprimir. é da páxina Krokotak


Como che gustaría a ti que estivesen os OCÉANOS? Podes debuxalo nesta ficha.



Agora un pouco de xogo. Non todo vai ser traballar:


Relaxémonos un anaquiño, que mañá quedamos de novo para aprender máis cousas do mar. Que tal esta sesión de ioga coas tartarugas? Sentiraste superben...


E non esquezas pasar polo PADLET...
da 366 ata a 372


Ningún comentario:

Publicar un comentario