Xa estamos na última semana de cole na casa e seguro que estás desexando achegarte de novo ata a praia e xogar coas ondas, certo? Aquí en Galicia temos unha canción propia superfamosísima no mundo enteiro. A coñeces?
Esta versión está cantada por @s propi@s Cadradiñ@s de xa vai uns anos. Xa verás que ven o fan.
Para aprendela mellor deixoche esta lámina. Píntalle as cores do mar e do ceo. A podes ler tí mesm@ axudad@ polo debuxos. Así a próxima vez que vaias ata a praia poderás cantarlle ás ondas.
Aquí che queda unha mostra para poder copiala, aínda que podes coloreala tí ó teu xeito.
Seguro que queda total!!
Queres axudar á moza a chegar ata a barca? Seguro que podes resolver este labirinto sen axuda.
Agora si che queda ordenar as partes da canción e cantala. Xa o tes dominado!!
E que as ondas do mar son do máis divertido. As pequeniñas, claro.
Propóñote que botes unha ollada a este conto para preparara esa nova visita á praia que xa nos está a tardar.
Autora: Suzy Lee
Editorial: Bárbara Fiore Editora
ISBN: 8-84-936185-4-4
40 páginas
Encuadernación: cartoné
Formato: 170 x 300 mm
A partir de 3 años
Crias que desta volta non ias ter crebacabezas? Por suposto que si que o hai. Fai este correndo, non te vaias mollar...
Agora xa estás preparad@ para desfrutar do conto. Non o temos en papel pero sí que o podes ver neste vídeo.
CHulíiisimo e un pouco mollado, a que sí? Pois esta é a páxina web da autora SUZY LEE
Se queres saber máis cousas sobre as ondas e a arte non perdas visitar un dos antigos blogues do CRA: Pintureiro. Nel verás unha visita fabulosa ó MUSEO DE BELAS ARTES da CORUÑA e os cuadros de mar que alí teñen. Sorprenderate, verás...
Imos repasr un pouquiño como che saen as ondas. Son moi importantes para as tarefas que veñen despois. Repasa con punta no punto esta lámina que preparamos de grafomotricidade:
Para facer a túa obra de arte de ondas, digna dun Museo imos coller a idea do blogue BUGGY AND BUDDY. Ainda que mellor a traducimos ó galego, que está en inglés.
Precisas unha FOLLA moi grosa ou CARTOLINA (mellor) e CERA BRANCA.
Debuxa nela unhas ondas como as que practicaches enriba. Que non as ves ben? Non pasa nada, agora a as vas a facer seir á superficie. Colle ACUARELAS de varios tons de azul. Se non tes varios, podes poñer algo de verde ou amarelo para mesturar. Non tes acuarelas? Pois tenta mesturar auga e colorante alimentario.
Colorea toda a folla con coidado de pintar dende unha esquena ata outra. Ondiñas veñen ou ondiñas van, pero sempre cara o mesmo lado. Non se vaia marear 😉
E xa se ve o mar, verdade?
OLLO, este é o momento máis importate. CANDO AÍNDA ESTÉA MOLLADA A FOLLA bota uns beliquiños de SAL pola folla. Agarda a que seque e verás que debuxo máis máxico queda!!
Mentras seca podes aproveitar para buscar e recortar eses animais que debuxaste ou facer outros. Os podes pegar nna folla ou xogar con eles por riba. Que che parece?
Tamén estaría xenial que poideras facer a túa propia botella de ONDAS do mar:
Lembras do experimento de auga e aceite que fixeramos no MÉRCORES DA CIENCIA 3 ? Pois é moi semellante, pero sen facer remuíños. Enche a botella de plástico con un pouquiño máis da metade de auga e colorante alimentario azul. Coloca animais mariños de plástico, pedriñas, area, cunchas... e engade aceite corporal ou glicerina sen encher de todo a botella. O curso que ven a imos facer en clase SEGURO!! É preciosísima. A ver cómo che queda a túa!!😉🐟🌊
Aquí daranche outras receitas que tamén valen. Só tes que premer nas fotos.
Pero se che apetece facelo un pouquiño máis seco, sempre podes facer esta manulidade de ondas. É chulíiisima.
Para velo con calma preme no poster de abaixo.
de KROKOTAK http://krokotak.com/2018/05/wavy-sea/ |
Non esquezas pasar cantando polo PADLET.
da 401 ata a 407
Ningún comentario:
Publicar un comentario