A noite do 23 de XUÑO celebramos con moitísima ilusión unha festa moi especial. Facemos cacharelas, fogueiras, lumeiradas e comemos sardiñas. Sabes como son?
Serás quen de ordear este crebacabezas?
Pois claro que sí, aínda que é moi difícil seguro que poderás.
Aquí en Galicia as sardiñas pequenas chámanse de dous xeitos distintos: PARROCHAS nas Rías Altas, que é onde estamos nós, e XOUBAS nas Rias Baixas .Que graciosos nomes teñen, verdade? Polo San Xoan comemos as sardiñas gordiñas, gordiñas, cunha graxa moi saborosa que empapa o pan quentiño. Por iso existe este refrán :
Vai pouco tempo Pablo Díaz fixo unha canción superchula con ese dito.
Proba a resolver ti a ficha de debaixo. Leva a canción incluída. A podes facer de xeito interactivo ou a podes imprimir e facer en "analóxico".
Se queres escoitar a canción mentras a fas usa o QR.
As sardiñas adoitan nadar en grupos enooooormes. Chámanse BANCOS ou CARDÚMENES. Queres velas nadando? Son preciosas as figuras que forman movéndose na auga.
Cantos peixes dixo @ cativ@ que viran? Millóns!!!
Quen pensas que nos pode aprender algo sobre as sardiñas? Pois claro, o equipo dos OCTONAUTAS! Vannos contar por que van xuntos estes peixes prateados,
Aquí na Coruña, no AQUARIUM FINISTERRAE ás veces hay tamén milleiros de sardiñas. Non te podes perder visitalo!! Déixoche unha entrada do blogue "O MUNDO ENTEIRO" que subin con moita información sobre este museo científico coruñes.
Queres ver cómo capturaron as sardiñas para levalas ata a Sala Maremagnum?
Que non podes ir visitar o AQUARIUM aínda? Non te preocupes, deixote dúas vistas á sala para ver se atopas as sardiñas ou coñeces algunha outra especie. XIRARÁS da emoción!!!
e
e
Que tal se nos axudas ti a pescar sardiñas? Bota as túas redes e péscaas de 7 en 7!!
Cantos grupos de 7 che saen? Cantas che sobran? Anótao nas etiquetas.
Parecen todas tan iguais que serás quen de atopar as idénticas entre estas?
Pois xa que o fas tan ben, mereces esta canción. Verás como che gusta...
Podes crear o teu propio xogo de pescar sardiñas. Tes que premer no enlace. Aínda que se lle pos no fío da cana un dos imáns que utilizaches para o experimento nº 14, igual che queda máis sinxeliño e divertido. Debuxa tí as sardiñas como queiras. Que che parece se lle pos purpurina ou as forras de papel de aluminio? Vanche brillar un montón.
Podes facer a túa propia lata de sardiñas que aquí tamén somos de tradición conserveira 😉
modificado de http://ahorrarencrisis.com/manualidades-divertidas-pascuas-imprimibles-gratis/ |
Antes de ir, non perdas a ocasión de colorear algúns dos peixes que podes atopar polos océanos ou no AQUARIUM FINISTERRAE, só preme na imaxe e elixe!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario