Amosando publicacións coa etiqueta CADRADOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CADRADOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2020

🔶🟦🟡🔻MENUDAS FIGURAS!!🟢🟨🔺🔷

 Benvid@ á festa de repaso das figuras xeométricas. Sí, figuras coma o CADRADO.
 Este xoves estamos a falar de familias, diferencias e parecidos.
 Comezamos:
Xa sabes que a meirande parte das actividades están enlazadas no PADLET, pero aquí imos enlazar o conto favorito d@s Cadradiñ@s:
POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA...
Podedes lelo en liña premedo na imaxe

Preme, preme
Pero vos recomendo velo nesta versión contada por cativ@s. Tamén esta no PADLET, por si acaso.

Que marabilla, non sí? 
Pois claro que non hai que cambiar a Cadradiño: temos que cambiar a porta. E para que non esquezas o conto podes facer aquí ou nunha folla parecida o debuxo :


Na casa podedes crear os vosos propios círculos e cadradiños recortados con cartón, papel, goma eva ou o que teñades a man. Sería xenial poder grabalo e mandarllo ós avós, ou quitarlle fotos e compartilas connosco.O caso é que non esquezamos as cousas importantes que nos aprende o conto. 
Botadelle un ollo a estes exemplos para sacar ideas:
Preme na imaxe e che levará a moitos recursos para este conto.
Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO para ver máis cousas e xogos que  



martes, 24 de marzo de 2020

MARTESmáticas e máis 🐰🧮

Como hoxe é martes temos moito ENGLISH que ver e moitas MATES que practicar. 


Xa están subidas as actividades que vos propoñemos hoxe. 
Acción, contos e moitos xogos, pero con sentidiño🤗
Xa sabedes: 
Tedes preparadas algunhas cousas novas no PADLET NON PERDAS O RITMO.

Desta volta a cor do día é verde, a cor esperanza, a que xa o sabías?

Podes premer na imaxe para entrar ou darlle ao botón superior da lapela esquerda

luns, 23 de marzo de 2020

COMEZA A SEMANA!!🌈❤

Comeza a semana. Nesta ocasión imos comezar con bo ritmo, xa veredes. Este é o temario de hoxe.


Tedes preparadas algunhas cousas novas no PADLET NON PERDAS O RITMO.
A cor deste luns é o BLANCO.
Ogallá che guste!!

Podes premer na imaxe para entrar ou darlle ao botón superior da lapela esquerda

xoves, 2 de novembro de 2017

COGUMELOS SETAS MUSHROOMS




Canto aprendimos neste Outono!!
Grazas á colaboración das familias na aula dos Cadrados
 tivemos unha clase de verdadeira MICOLOXÍA.

Se te preguntas iso que e, dámosche unha pista con este cartel:
Pero se aínda non o tes claro, non tes máis que ver o seguinte vídeo protagonizado, como non, pol@s Cadrad@s...

Unha verdadeira inspiración para moitas actividades...




Na PDI e no patio tamén soubemos quitarlle proveito, claro que sí


Estas son algunas das páxinas que creamos para Unidade da PDI


Deixamos enlazados alguns dos vídeos que usamos para que podadas gozar deles:
Sabes como funciona una COGUMELO "Pedo de Lobo"? Pois anímate a o descubrir aquí:




Tamén vimos na aula un timelapse dunha "seta calamar"


Xa vedes como aproveitamos as achegas nos cadrad@s
Aínda que algunha non cheire especialmente ben...


Como na nosa aula encántanos pintar e colorear engadimos este enlace á nosa unidade Smart de Cogumelos na PDI. 
Aquí queda por se o quereres facer na casa tamén:

 
  Non podía faltar un conto...para trabajar un chisquiño máis os valores.  


E que vos parece un xogo como premio por tanta atención?
Que tal un zumo na casa árbol das setas? 
Non todo ía ser traballiño nos Cadradiñ@s, 😜


Saudiñ@s!!








domingo, 18 de outubro de 2015

MOITO CONTO NOS CADRADOS

Sí, é certo, nos Cadrados hai moito conto!!
Un dos nosos favorito é iste, a ver se adiviñades o título...
Clica na imaxe para facer o crebacabezas


Podémosvos dar aínda máis pistas; lede esta noticia:



  Si. É o PEQUENO AZUL e PEQUENO AMARELO

do grande escritor LEO LIONNI .
 LEO  foi un pintor, ilustrador e escritor italiano, preme na súa foto ou no nome... e saberás máis sobre él.
Ten uns contos tan chulos, que imos ter que lelos e falarvos deles axiña.
Pero mentras tanto, por que non lemos o conto? Se o coñeces, de seguro que che apetece, e se non o coñeces non o podes perder!!!

Se queres escoitalo e velo en acción olla o vídeo tan feitiño que fixeron estes cativos de a AULA de CINE 


Nós, aquí en Guísamo, o fixemos ao noso xeito e gozamos da maxia das cores e da amizade cos nosos pequenos amarelos e azúis



E despois foi un no parar de máis mesturas e cores...

Tamén probamos a mesturar as cores con pintura de dedos, como non podía ser doutro xeito. Iso sí, para facelo utilizamos unha técnica redondiña, redondiña...a dos tapóns de corcho.





Se queres ver cómo ao aprendeu DOKi olla este minivídeo:



Non queres probar tí cómo se fai?
 Podes tentalo agora mesmo. 
Aquí podes elexir tres xogos moi chulos. 
Preme enriba deles para xogar...
Sorte e a pasalo ben!!





Vémonos axiña, Cadradiñ@!!
Xa levamos a dirección da entrada e todo para voltar directamente cando queiramos!! 
E cun pequeno azul e un amarelo para podermos xogar e contalo na casa!!



Contamos contigo.

luns, 5 de outubro de 2015

PDI NOS CADRADOS: QUE CHULO O NOSO ENCERADO DIXITAL

Na clase dos Cadrados comezamos a ver a vida dende unha enoooorme ventá: 
a do noso EDI ou PDI.
(Encerado Dixital Interactivo ou Pantalla Dixital Interactiva) 
E é que nos Cadrados mesturamos case que maxia e novas tecnoloxías.
Pódelo comprobar premendo no noso Cadradiño, 
verás que estupenda sorpresa atopas...

Foi marabilloso descubrir cantas cousas nos pode ofrecer a nosa amiga:

Cada un de nós lle pedíu que nos amosara algo que nos gustaba moito, e acertou toooodas as veces. 

 
 

E cando xa vimos o doado que era compartir a información, comezamos a usala a cotío para axudarnos en moitas cousas diferentes, como aprender as cores dos nosos grupos:

Primeiro os buscamos pola aula

despois os xuntamos entre todos








e por último puxemos as nosas fotos coas nosas cores na PDI e as asinamos persoalmente!!




 Cada día engadimos algo máis na nosa folla da Pizarra, xa lle puxemos a nosa voz, a nosa inicial...e xogos nos que os protagonistas somo nós mesmos.
Toda unha achega ao noso xeito de aprender!!


Como remate unha nova ferramenta para podermos ver os contidos das entradas do blogue en calquera sitio cos teléfonos o tablets que usamos maiores e pequenos do xeito máis rápido: 
Os códigos QR de cada entrada. 
Este foi noso primeiro QR que xa te mos na casa para lembrar a entrada anterior e en breve levaremos o seguinte, o desta mesma:

 
Ata a vindeira entrada, Cadradiños!!!