luns, 5 de outubro de 2015

PDI NOS CADRADOS: QUE CHULO O NOSO ENCERADO DIXITAL

Na clase dos Cadrados comezamos a ver a vida dende unha enoooorme ventá: 
a do noso EDI ou PDI.
(Encerado Dixital Interactivo ou Pantalla Dixital Interactiva) 
E é que nos Cadrados mesturamos case que maxia e novas tecnoloxías.
Pódelo comprobar premendo no noso Cadradiño, 
verás que estupenda sorpresa atopas...

Foi marabilloso descubrir cantas cousas nos pode ofrecer a nosa amiga:

Cada un de nós lle pedíu que nos amosara algo que nos gustaba moito, e acertou toooodas as veces. 

 
 

E cando xa vimos o doado que era compartir a información, comezamos a usala a cotío para axudarnos en moitas cousas diferentes, como aprender as cores dos nosos grupos:

Primeiro os buscamos pola aula

despois os xuntamos entre todos








e por último puxemos as nosas fotos coas nosas cores na PDI e as asinamos persoalmente!!




 Cada día engadimos algo máis na nosa folla da Pizarra, xa lle puxemos a nosa voz, a nosa inicial...e xogos nos que os protagonistas somo nós mesmos.
Toda unha achega ao noso xeito de aprender!!


Como remate unha nova ferramenta para podermos ver os contidos das entradas do blogue en calquera sitio cos teléfonos o tablets que usamos maiores e pequenos do xeito máis rápido: 
Os códigos QR de cada entrada. 
Este foi noso primeiro QR que xa te mos na casa para lembrar a entrada anterior e en breve levaremos o seguinte, o desta mesma:

 
Ata a vindeira entrada, Cadradiños!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario