Amosando publicacións coa etiqueta OVO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OVO. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de abril de 2020

🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕

Menuda marabilla de semana foi a pasada. Estamos EMOCIONAD@S con ben que vos saíron os experimentos todos. Cousa bonita de ver!!!

Como recompensa a tanto esforzo queda este crebacabezas. Serás quen de facelo? É bastante difícil, pero confiamos totalmente en ti...podes poñer a "pantasma" a primeira vez para que che dea pistas.




Deixovos as fotos dos experimentos que enviáchedes, e os enlaces onde van estar colocadas. 
Unha marabilla de científic@s, est@s cadradiñ@s!!


Vede, vede, que aínda hai máis
  Temos aquí outra estupenda contribución


Tamén temos NOVIDADES do experimento do ovo saltón. Se queres velos preme aquí



Por último, unha achega con mooooitos extras:


O que vedes, ten ata MESA de LUZ. E así queda de marabilla. 
Pero, quiet@s, quiet@s, que aínda hai máis..
.

E unha proposta do máis "ECOFRIENDLY"


 Estamos desexando ver os resultados!!!
Moitisimas grazas ós que ides compartindo. Da gusto ver o guai que estades. 😍😍😍


Nesta semana temos o Día Internacional do Libro e para celebralo vos fago unha SUPERPROPOSTA IRRECHAZABLE 😉🤣 Podedesnos mandar un pequeno vídeo co voso conto favorito e por que vos gusta. Ou que se preferides contades que é o que máis vos gusta desa historia.
 Así poderemos convertir esta semana nunha 🌈🎬SEMANA PARA ARTISTAS🎥📕 Os podemos xuntar todos e facer a película dos "CONTOS FAVORITOS D@S CADRADIÑ@S", vos apetece? Eu xa estou preparando o meu. Espero ver pronto as vosas achegas.🙌👀

Non esquezades pasar polo PADLET NON PERDAS O RITMO para ver as propostas de hoxe: a letra E, xogos , bailes, cancións...


Bicos e sentidiño!! 🌈💖

mércores, 15 de abril de 2020

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 7 A AUGA QUE CAMIÑA

Por fin chega o día dun novo experimento!!! E xa van 7!!!
Éste é moi sinxelo pero supercolorido. Baséase nun fenómeno que se chama CAPILARIDADE, menudo nome máis curioso, verdade??  Olla o que precisas para facelo.

Pouca cousa, verdade? Agora vexamos que é a famosa 
CAPILARIDADE
A capilaridade é unha propiedade dos líquidos que fai que, debido á súa forza intermolecularsuban ou baixen por un tubo capilar. Un exemplo é o das plantas, que chuchan a agua dende o terreo mediante capilaridade. Neste experimento, a agua está coloreada para que se poda ver a súa traxectoria e os tubos capilares son os ocos que teñen dentro os papeis de cociña.


Experimento con agua El agua que camina
Preme para ver a explicación paso a paso


Agora que xa sabemos todo o que precisamos, déixovos  uns vídeos de como se fai. Antes unha cousa super importante: NON empecedes o experimento ata que teñades todo os papéis dobrados!! Conselliño de Cadrad@s 😉😉



A versión curta é ista...


Apúntate á que máis che guste e ADIANTE!!Manda fotos e vídeos par que os podamos compartir, pero sobre todo DISFRUTA de facelo.  

Se queres lembrar o que fixeches aqui tes a ficha para recoller a información. Xa sabes, diante os ingredientes e cómo quedou. Detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, eh? Se non podes imprimila, podes copiar algo parecido o mellor aínda!!!

Por se o queres debuxar tí todo...

Esas mesturas de cores alégrannos a vida!! A que sí? Pois se queredes podedes practicar coas mesturas que preparei neste xogo. A ver se lembras que cores precisas para crear un novo...




NON TIRES A AUGA DE CORES!!!
Aínda podedes facer máis cousas se non tirarades a auga das mesturas de cores. Collede unhas flores blancas: margaridas, crisantemos, claveisou calas e probade a tinguilas. 
Hai que esperar e ver se temos sorte!! 
E aquí vos deixo o enlace a 3 vídeos de Cadradiñ@s que tiveron  exitazo co seus experimentos: 
 Pica na foto e che levará a entrada correspondente. Están colocadas ao final...


Tamén hai novidades ao final da lapela
preme aquí para velo.

Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.


martes, 14 de abril de 2020

BENVID@S DE NOVO!!🌈✨ Estreamos trimestre!!!

Benvid@s de novo a un novo trimestre superespecial.
Nesta ocasión ofrecémosvos este magnífico ramo de benvida, que máis se pode pedir??
de Mario G

Pois se pode pedir un crebacabezas para empezar movendo a mente,asi que aquí o tedes:



Aínda nos queda un pouquiño de mes de Abril, pero xa rematamos o Almanaque anterior, así que vos fixen este novo que colle algo do mes de Maio por iso de animarnos cando se achegue o caloriño. Se non tedes impresora podedes facer un casa igual ou máis chulo aínda. Non esquezades poñer os días sinalados.


Nestas vacacións de Semana Santa recibimos moitos correos n@s cadradiñ@s. Algúns dos experimentos están superando as expectativas que tiñamos. E que vos saen de MARABILLA!!
Poñovos as fotos de Aroa e Martina que mandaron as súas experiencias.⚗🔬🌱✨
  Preparad@s, list@s...

XA!!
   
Xenial!!
Ides que dar de pedra coa seguinte foto que leva DOUS experimentos polo prezo dun. Fabuloso tamén. Mesturando ovos e lentellas, quedoulles unha foto rica, rica!!!

Mañá toca un experimento novo. Algo máis doado, para que non todo sexa esperar , vale?
Xa sabedes que podedes ver máis cousas no   PADLET NON PERDAS O RITMO.

Vémonos!!! 



venres, 3 de abril de 2020

🌈💖SEMANA SUPERADA💖🌈

 Fixéstelo!!
Pasou a semana a toda cor. Como Arco da Vella  que mandou Mario G para animarnos a tod@s un pouco!!

Veña, veña que xa é venres!! Temos moitas cousiñas por que nos estamos preparando para deixarvos diversión en vacacións. Pero antes. Cómo vai o noso 

💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6?

Temos novas recentes do experimento do OVO SALTÓN. Hoxe teríades que quitalo do frasco os que o puxestes o mércores. Os demáis aínda estades en tempo 😉.Polo de pronto aquí está a primeira achega notificada:

Se queres saber máis preme na foto.
 Non esquezades enviar os resultados dos vosos!!
E que tal van as FABAS de 🌿🌱SEMENTANDO🌱🌿?
 Algúns xa as puxeron na ventana o mesmo día. Qué tal medrarían?
 
preme nas fabas e verás as fotos novas Abaixo

Pois, veña, mans á obra. P
ropoñémosvos profundizar nas vosas emocións nestas datas. Xa sabedes que os demáis prefeiren que esteamos contentos, pero non semre pode ser así, claro. Temos unha chea de emocións no noso corpo:


Como no PADLET non cabía todo aquí quedan algúns recursos máis. Empezamos polo conto para que non teñas que ir buscalo de cada vez😉




No PADLET tes moitos recursos colgados para que podas pasar varios días xogando e divertíndote mentras aprendes a descubrir que sentes ti e os demáis da casa. E cómo podes facer para sentirte mellor.  


Non esquezas facer de cando en vez unha ficha, que precisamos ter a man entrenada para poder crear o que nos gusta. Deixovos algunha para non perder os bos costumes. 
Marchando  unhas de mates de monstros confusos:


 A estes mellor ponlle tí as cores. Sabes cal é cal?



Animaste a xogar con este dado de emocións? Podes descargalo e imprimilo ou pegarlle tí os mostros a un que xa teñas feito.
A este lle podes por tí a cor

 Quedan aquí os debuxos para poder imprimilos e pegar no dado ou onde queras.

Antes de deixarvos ir tranquiliñ@s de vacacións, unhas recomendacións. Ademáis de para bicar, apertar, e mimar a tódolos que vos arrodean...Aproveitade para botarlle unha ollada ós  outros blogues do CRA, teñen cousas moi chulas tamén. Pero sobre todo...Desfrutade!!!!
Á volta, con sorte, algúns xa teredes unha chea de desexos nos botes, unhas fabas medrando e o recordo dos ovos saltaríns. Compartide connosco o que queirades...

Moitísimos bicos virtuais  !!
🌈🤗💖✨🧡💛💚💙💜🤎🖤






xoves, 2 de abril de 2020

ADIANTE, QUE XA ESCAMPARÁ!!🌦🌈🌞

Que chova!!🌦
Nunca choveu que non escampara é un dito moi noso. E ademáis é certo, xa o levan dicindo @s avo@s denden vai séculos. Así é PRIMAVERA, moi de chover e moi de arcos da vella 🌈. E moi de ovos de Pascua tamén. Por certo, sabedes que puxo un Ovo?
PREME na imaxe. Seguro que hai o que ti cres.

Pos sí, a mesma. Lembrades o conto?  Pois ahí vai por se acaso.


Chulísimo, verdade?
Olla cantas actividades tes para lembrar o conto:
 Podes lelo en castelán ( presta atención a ver se notas qué é diferente nesta versión)


Sii, 🤣🤣🤣 teñen outros nomes. Marjorie nesta chámase...Macarena, pero e o pitiño?
🐣

Podes descargar o conto para colorealo premendo na imaxe de abaixo:


Xogar co LIM


E facer estes xogos interactivos. Se premes na esquina con frechas vermellas abrirache en grande e o verás mellor.




Este de LETRAS é todo un reto:



Aínda queda outro máis. Atréveste? Uhna sopa de letras. SUPERDIFÍCIL, asi qeu se non podes, non pasa nada. Pide axuda.

Non te vaias sen lle botar unha ollada ao  PADLET NON PERDAS O RITMO.
 Temos moitas máis cousas alí. 
Hoxe escollémola cor do día como  LILA  igual que o xoves pasado, a que sí?


mércores, 1 de abril de 2020

💧🌈🌞O OVO SALTÓN 💧🌈🌞MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚Experimento 6

E casi cousa incrible cómo cambia o tempo dun día para outro.
E que así é PRIMAVERA, un pouco toleirona. Sobre todo cando cando comeza o mes de
Abril.

preme na imaxe se queres xogar

Por cal letra comeza este mes? Síii, claro que a lembras, pero para que non a esquezas imos aproveitar para engadir recursos no PADLET que nos repasen esa letra. 
Ademáis:
Temos duas novas aportación de experimentos por Mario G .
Podedes velas nas entradas premendo nas fotos:




A novodade deste mércores é que engadimos un novo experimento. Hoxe é...

MÉRCORES DA CIENCIA-na casa⚗🧪🐣🥚

Experimento 6

é un experimento de moita paciencia. Temos que esperar 48 horas, que son DOUS DÍAS, para que funcion.
Falta pouco para a Semana Santa ou Semana de Pascua e aquí adoitamos regalar óvos de chocolate o Domingo. Pero aínda estamos en tempo. Non é este domingo senon o que ven. Así que este experimento vai de ovos e de paciencia, por que imos facer un


OVO SALTÓN 
Son moi pouquiños ingredientes:




Olla este vídeo para ver qué necesitas.



Estes dous científic@s cho explican máis polo miúdo:


Non esquezades poñer un tarriño de boca ancha, xa vedes o que lles pasúo, por pouco non lles sae o ovo!!!
Anímaste a facelo?
O venres xa estaría listo e poderías compartir os resultados connosco.
Mentras tanto aquí vai a ficha para recoller a información. Xa sabes, diante os ingredientes e detrás cómo e con quén o fixestes. Nomes incluídos, eh?

 Se te animas a debuxalo tí todo, usa este modelo...

Prepárate que o venres tes que facer outra co resultado!!

Aqui tedes os primeiros científicos: Mario meteu un ovo de"kika" ou galiña nova e outro de galiña máis grande e que ten dúas xemas!!! Ollade que superxigante é...Agora veñen as preguntas:
Cómo botarán? Chegaralle o tempo ó ovo grande a realiar todo o proceso químico ou precisará de máis tempo? Pronto o saberemos. Ai, que nervos!!!🤗🧪
E tras uns días mirade que XIGANTE quedou: ES-PEC-TA-CU-LAR





Tres novas aportacións a este experimento, por rigurosa orde de chegada 😉😉


   


Máis cieníficas traballando...💖🤗🧪

💖🤗🧪

E aquí tedes a ultimísima, encantada co seu experimento Quedoulle guai!!!💖🤗🧪


Mil biquiños!!
 Sodes un/has científic@s marabillosos!!

🌈🔬💖⚗🧡🧪


Non vos esquezades de pasar polo  PADLET NON PERDAS O RITMO.
 Hoxe escollémolo VERDE, a cor dos xermolos das novas plantas, a que xa o sabías?