sábado, 23 de setembro de 2017

Xa pasou a Vendima.

Xa chegou a vendima ata a Aula d@s Cadrad@s
Como ven sendo tradición, Sofía tróuxonos diferentes uvas da vendima na que participa pretiño de Cambados. Con elas aprendemos unha morea de cousas; usámolas para clasificar, contar, comer e mesmo compartir con outras aulas!!


Falando das uvas descubrimos quen as achegou ata as nosas terras hai xa miles de anos.
 Vos xa o sabedes? Pois agardade, senon, que en poucos días desvelaremos a sorpresa...
Namentres aproveitamos para debuxar, pintar e escribir cousas desta froita tan saborosa. Aquí estamos preparándonos para mesturar as cores e conseguir unha sensación de cor verdadeira de acio.
Os encargados semanais "Mans a obra" preparando a mestura.



e agora  TOD@S a pintar!!

Fumos quen de resolver laberintos , formar palabras...

e mesmo de facer dictados
Pero de seguro que aínda podemos exprimilas más, non sí?

Moitas Grazas, Sofía!!

Aínda que xa entrou o OUTONO n@s Cadrad@s puidemos disfrutar duns días de bo tempo. Aproveitamos para facer un pouco  "Arte efímero". 
Fixemos uns "frescos" no patio cambiando os pigmentos por xices de cores, iso sí. Quedaron genial!!
Sabedes quen decoraba as suas casa e edificios con frescos? Se non o sabedes aínda, agardade un pouquiño que nuns días daremos a resposta.

Podedes ver o vídeo logo botarlle unha ollada ás fotos dos artistas. Foron momentos moi, pero que moi divertidos e creativos...


Estas son as mellores imaxes






 Nesta semana o "Armario Máxico"  trouxonos un agasallo de Benvida que ilumina a clase enteira. Ten unha luz fabulosa e lémbranos cada día a data estamos e quen é @ axudante nos cadrad@s. 
Claro que ser @ axudante non é pouca cousa, entre todas as responsabilidades que ten agora engadíuselle outra: pensar unha palabra coa que agasallar á clase. Xa levamos unha cuantas...
 Queredes ver cal nos regalou Gael?  
Unha palabra longuísima con sete letras que ten moito que ver co nos novo proxecto.

 Estamos desexando que pasen os días para ver que palabras xurden.
 Axiña voltamos e vos contamos!!

Saudiños d@s Cadradiñ@s





Nesta semana tivemos unha nova achega do "Armario Máxico" da aula, nesta ocasión lucíuse moito. por que o que nos 

luns, 18 de setembro de 2017

A primeira semana na aula d@s Cadrad@s

Comezou o curso na Aula dos Cadrados!!


Moito medraron @s Cadradiñ@s neste verán...
El@s amén o notaron e así de alegres se debuxaron, case que a tamaño real!!!



 Viñeron moi dispostos cara a súa nova vida escolar... 
Somos os maiores de Guísamo, así que 
comezamos repasando as cousas importantes.


Compartindo, probando e collendo  forzas que temos moito que facer e aprender.



O certo e que deunos tempo ata a ter Aniversarios. 
Festa rachada!!!



 Queres ver máis cadradiñ@s en acción?
 Pois non perdas o que ven agora...


 Axiña voltamos con máis novas.

Saudiños d@s Cadradiñ@s!!



venres, 1 de setembro de 2017

De volta.

Benvido, Setembro!!
Con él chegan as novidades e a primeira reunión para as familias na Aula dos Cadrados!!


 Vémonos axiña c@s Cadradiñ@s ,que as clases están a piques de comezar...

Saudiños para tod@s!!