Nesta semaniña houbo moito traballo, moitas visitas e moita actividade. Estamos a rematar os MANDALAS de Nadal.
Tivemos a visita dos MONKEYS outra vez, pero vestidiños de Papá Noel.
Vede qué guapos estaban:
A profe COVA tamén nos trouxo uns contos moi, moi chulos aos que atenderon ata os nosos moniños favoritos.
Fixádevos a ver se os vedes na foto:
Tivemos un cumple moi desexado, o penúltimo de 5 anos, o de THEO...
¡¡¡As magdalenas de choco e crema estaban es-pec-ta-cu-la-res!!!
Antes de que se nos esqueza colocamos a foto dos encargados da semana: DANI, ALEX, CARLA e JORGE.
E no día da foto LUIZ fixo de axudante...
Traballamos moito para adornar a clase, pero aínda queremos facer máis...
A nosa árbore de bonecos de neve está feita coas pegadas dos nosos polgares e índices:
E case ao final da semana recibimos unha carta moi especial: ¡¡Incrible, os Reis magos querían falar connosco!!
E cando semellaba que xa non podían ocorrrer máis cousas emocionantes...Chegou Asun a nos visitar. Bótanos de menos e veu a desexarnos un BO NADAL.
¡Vaia sorpresa máis estupenda!, pero no foi a última...
Dende as montañas do Courel apareceu cheo de sorpresas a agasallos da Natureza o PANDINGUEIRO.
Vede qué ben o pasamos aprendendo hábitos saudables e de convivencia co contorno e a natureza...
Por último, un aviso: Vos lembramos ás familias que aínda estades en tempo de enviar as fotos da vosa árbore de Nadal para a felicitación dixital da aula. Animádevos: ¡¡Xa nos chegaron algunhas e están estupendas!!
Nesta semana tivemos novedades moi especiais, xa o veredes:
Os encargados fixeron un bo equipo, e así nolo amosan nesta foto tan chula.
El@s son JULIA, IÑAKI, MARTA e JAIRO.
O axudante o día da foto foi DANI que sempre se amosa entusiasmado cando lle toca:
A semana transcurría con traballos variados moitos deles xa están agora nas casas, seguro que alguns xa os vistes:
Pero no medio da semana ocorreron moitas cousas:
Cambiou o mes, colocáronnos as cortinas novas, comezamos a decoración de Nadal e...apareceu unha merenda riquísima da man da nai de Carla.
Trouxeron estas cousas ricas feitas por elas para compartir con tod@s.
e como agradecemento lles adicamos este recitado:
tamén tivemos outro invitado moi especial: Anxo Moure, un contacontos solidario do que podedes ver máis cousas no blogue da BIBLIOTECA. Veu ata Guísamo en PAZ-TINETE dende o Courel e contóunos un montón de contos; vede que atentos e divertidos estaban...
A profe Isa tróuxonos moitos contos. Un deles é sobre un personaxe tradicional chamado o Apalpador,