venres, 2 de decembro de 2011

CONTOS CON CHOCOLATE

Nesta semana tivemos novedades moi especiais, xa o veredes:
Os encargados fixeron un bo equipo, e así nolo amosan nesta foto tan chula.

El@s son JULIA, IÑAKI, MARTA e JAIRO.

O axudante o día da foto foi DANI que sempre se amosa entusiasmado cando lle toca:



A semana transcurría con traballos variados moitos deles xa están agora nas casas, seguro que alguns xa os vistes:



Pero no medio da semana ocorreron moitas cousas:
Cambiou o mes, colocáronnos as cortinas novas, comezamos a decoración de Nadal e...apareceu unha merenda riquísima da man da nai de Carla. 
Trouxeron estas cousas ricas feitas por elas para compartir con tod@s.


e como agradecemento lles adicamos este recitado:


tamén tivemos outro invitado moi especial: Anxo Moure, un contacontos solidario do que podedes ver máis cousas no blogue da BIBLIOTECA. Veu ata Guísamo en PAZ-TINETE dende o Courel e contóunos un montón de contos; vede que atentos e divertidos estaban...







A profe Isa tróuxonos moitos contos. Un deles é sobre un personaxe tradicional chamado o Apalpador,

no blogue dos peques de Carrio 
podedes atopar a súa historia e outras máis.


E para remata un baile coa profe María, a panxoliña escenificada.
¿ Querédelo ver? 
Tamén está no blogue de Música "Son do CRA"





5 comentarios:

  1. Grazas, está bárbaro!!!!!
    Moitos bicos a eses artistas da aula dos cadrados, pero seguro que non serán os únicos....

    ResponderEliminar
  2. Pero que entrada máis doce con tanto chocolate! Unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. Ese chocolateeeeeeee... non quedou nada para os silvosiños?? E que nós somos moi lambonciños!! bicos

    ResponderEliminar
  4. Cheeky Monkey está un pouco rabiosiño por perderse sempre as larpeiradas, di que para cando lle vou dar plátanos rebozados en chocolate. Biquiños e "see you soon".

    ResponderEliminar
  5. Moitas grazas por adicarme esta canción tan chula.
    A próxima vez levarei mais xa q quedaron un pouquiño escasos. Bicos (mama de Carla )

    ResponderEliminar